A Peroxa volve a brillar con luz propia.

Ultima proba do calendario, repetía escenario en A Peroxa, onde se repartirían os últimos puntos da LIGA 2016.

Esta “Galifornia” na que vivimos, cada vez mais soleada fixo da proba da Peroxa, o escenario ideal para o desfrute de todos os afeccionados o enduro, a presenza deste tempo tan primaveral en pleno mes de decembro, deulle a proba un nin frío nin calor.

dsc08630

Baixo estes parámetros meteorolóxicos, o recorrido do monte que nesta ocasión, buscouse dar unha continuidade de sendas e “canellas”, cuns tempos de proba moi folgados, fixo que gran parte dos pilotos desfrutaran moito con esta proba.

Arrancaba a proba media hora antes do acostumado, por mor de non se fixera moi escuro nas ultimas horas da tarde e perigoso por mor da falta de luz. Na saída 143 pilotos dun total de 153 inscritos, corrían algúns para puntuar de cara a mellorar a súa clasificación final dento da LIGA, posto que algunhas categorías estaba sen definir o Vencedor Absoluto.

Esta proba con soamente dúas especiais, moi distintas, un tramo cronometrado por “canellas” estreitas e unha crono de herba lisa pero esbaradiza, fixo as delicias dos pilotos e afeccionados, que se congregaron en moitos puntos do recorrido para seguir as incidencias, era moi interesante ver xente tamén nas trialeiras que estaban o longo do recorrido.

No eido deportivo na scracth, o mais rápido Juan Outón do Motomeda quedou por diante de Juan C Moreiras do DICODE Team La Factoría e Dani Carracedo do TEAM Carracedo.

dscf0836

Na categoría Elite 2t Juan Outón de Sanxenxo impúxose a Juan C Moreiras de Valga e a Diego Teixeira do Barco de Valdeorras, piloto que se estreou nesta categoría, aínda que asiduo das probas da LIGA nas categorías mais baixas. En Elite 4t Daniel Carracedo de Laxe, impúxose a Jose Cochón de Pontevedra e a Juan Jose Garcia Ferreiro de Mondoñedo.

dscf0841

Outon na saida

Na categoría Open 2t Pablo Vilavedra de Sanxenxo, que se incorporaba de novo as probas da LIGA despois de superar unha lesión fixo o mellor tempo e impúxose a Abel Sánchez de Mondoñedo e A Iván Sixto de Cervo. En Open 4t Enrique Vega da zona de Lugo, gañoulle a partida a Javier Rodríguez Collazo de Noia e a Nicolás Varela de Laxe, o dominador desta categoría.

En veteranos a penalización a Jorge Rodriguez Muñiz, fixo que a cousa quedase da seguinte maneira, Juan Caderno de Mesego vence a Isidoro Martinez Arca de A Coruña e a Miguel A. Alonso Abalde de Vigo.

Nas categorías Amateurs, E1 Luis Gonzalez Conchado impoñíase a Angel Fernandez Arias e a Carlos Castro Puga, por uns 0,0899 centésimas o segundo e 10,52 o terceiro. En E2 o piloto de Sober Adrián Rodríguez, que volvía tamén dunha larga recuperación, impoñíase a Salva Carreira e a Eduard Didych, o segundo por 2,99 segundos o o terceiro 6,84 segundos. Na E3 Bruno Campo levaba a súa Husqvarna diante de Miguel Gonzalez e Elvis Castellano piloto da provincia de León, cunhas vantaxes de 23 e 31 segundos respectivamente.

Na categoría Sub 21 soamente dous pilotos acadaban posto de podio, sendo estes Pablo Varela de Vilanova de Arousa vencedor e Miguel Cid da zona de A Peroxa.

Nas categorías para maiores Senior 4t volvia Rafael Garcia de Arteixo, e impoñíase a Víctor Gómez e Miguel Lauda, en Senior 2t o piloto de Benavente Agustin Javier Prieto se impoñía a Luiyi Montoya y Jose Enrique Costas. En Master a victoria para o piloto de Madrid e do MC local de A Peroxa Alejandro Sanz, sobre o piloto tamén de Madrid Adelardo Sobrino e o de Vigo e dominador da categoría Ignacio de Castro.

Despois da proba tivemos a cena de confraternidade e entrega de premios, onde os agraciados deste ano recibiron os Galardóns de Vencedores, Segundos clasificados e Terceiros clasificados, o MC A Peroxa tamén quixo facer entrega dun galardón a Sergio Pereira, que é a persoa que colabora con nos e que sempre vedes a entrada de parque pechado, pola súa traxectoria deportiva, campión do mundo e Europa de Motonáutica.

Dicir que nos non podemos proclamar campións, iso segundo a lei reservase soamente as competicións oficiais federadas, agradecemos a todos os que asistitedes a cerimonia. Dar as grazas os patrocinadores que nos acompañaron na cena SBIKE, PREMONOR, ARJONES MOTOS.

Comentarvos que a presenza de a Guardia Civil nas nosas probas para o control de documentacións vai a ser sempre a tónica, o cal desde a LIGA nos parece moi ben, xa sabedes que é necesario ter o día administrativamente a moto, ITV, Seguro e o voso carne de conducir. E sobre este intre gustariamos de que tamén se fixese extensivo este control as probas oficiais que se levan a cabo na Comunidade, mais que nada para que non houbese discriminación, e aqueles que van de legais vexan que non o son tanto.

A LIGA colabora e sempre colaborara coas forzas de seguridade para o bo discorrer da proba, tanto administrativamente coma organizativamente, esta na nosa natureza axudar a quen esta a traballar coma nos pola seguridade.

Este é o cuarto ano que levamos adiante este proxecto, que non é nada mais que un espazo libre para a participación nos eventos nos que se nos pide colaboración ou organizamos directamente, e a nosa vontade seguir ofertándovos a todos esta posibilidade de participación, queremos que sexades conscientes de que non é unha tarefa doada, hai moitos paus para meter nesta roda, e algúns xa lles sae fume polos miolos. Queremos expresar que mentres non vexamos que o legado creado nestes anos poda ser continuado e mellorado por outro grupo ou entidade similar, estaremos traballando para darvos uns calendarios e competicións en novos lugares para o voso desfrute e que é moi posible que cada vez sexa mais difícil facelo.

Queremos darmos as grazas a todos os pilotos que directamente ou indiretamente participades ou apoiades a nosa iniciativa, sobretodo pola confianza que nos demostrades proba tras proba, tamén coa vosa gratitude cara o noso traballo, vos sodes a razón e a forza desta LIGA, cantos mais vides as probas mais forte a facedes.

dscf0845

Damos tamén as Grazas a todos os patrocinadores que nos axudan a vestir as nosas probas coa súas publicidades, grazas por elixirnos paras ser o voso soporte dentro do mundo da moto de campo en Galicia.

Desexamos a toda a familia endureira dende aquí un prospero ano de carreiras, vémonos no 2017.