Noticias

HomeEventosA Peroxa 2018

A Peroxa 2018

Volvemos arrancar o motor do Enduro afeccionado en Galicia de novo.

Levamos traballando moi duro, durante mais dun par de meses, pra poder ofertar a tódolos afeccionados de Galicia, así como os numerosos de outras provincias, as nosas probas.

Este ano temos un calendario un pouco mas curto, por no teren solicitudes suficientes e ante o temor dun ano como o pasado, onde a falta de chuvias torceron un pouco el calendario que tiñamos proposto, pero aínda, traballamos para dar saída o mesmo e aumentalo todo o posible e seguramente se materialicen algúns sitios novos, sorprendentes que a bon seguro gustaranvos a todos o mundo.

Iniciamos esta tempada en A Peroxa, onde sempre foimos ben recibidos, tenmos dunha proposta nova dunha clásica de cronos alí, como é a de Igrexario que foi usada nun campionato de España, e nos nunca usaramos nas nosas probas.

Como sempre el Parque pechado o faremos diante do concello, tendo a asistencia no recinto Feiral e a outra crono será como á das ultimas probas no Punto Limpio.

Estamos ultimando os trofeos da Edición 2017 para facela entrega, non sabemos se estarán dispoñibles para entregar nesta proba, se non farase na seguinte, sobre este imprevisto avisaremos polas redes sociais.

Aloxamentos:

Casa Pradio

Pazo de Turbisquedo

Acea do Bubal 988 20 00 26 en Peares.

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet