Noticias

HomeLIGAClasificacións Abegondo

Clasificacións Abegondo

Abegondo desfrutou dunha das mellores probas de Enduro afeccionado

Cunha idea coma do Evento anterior en Ourense Piñor, todo concentrado en pouco espazo, fixo que os desprazamentos da xente non interrompera o bo desenrolo do mesmo, o MC  Abegondo Enduro, fixo un traballo extraordinario nesta organización, impulsando a colaboración dos negocios locais no evento. Buscando o apoio do seu Alcalde e da corporación que este dirixe. Buscando figuras tan importantes como o Dakariano Gómez Payas e o piloto de SuperBikes Borja Sanchez para a entrega de premios.

A concentración de todos os espazos en pouco espazo fai que case dunha osa ollada se poda ver o que esta a pasar ven nunha especial ou noutra. a Extrema de troncos feita na fronte do campo da feira deu un espectáculo moi bo, pola proximidade o núcleo do evento, coma pola execución que facían os pilotos da mesma. a outra especial un Enduro Test moi longo con mais de catro minutos tiña tres zonas moi diferenciadas pista, bosque e desbrozado deu o punto necesario para marcar as diferenzas.

Alta afluencia de publico que abarrotou a extrema pola proximidade o centro da vila onde ata a xente o saír da misa acercouse a ver, e a xente mais nova que iba dunha especial a outra, o bo tempo que se presaxiaba fixo que incluso mais de algún piloto pedira chuvia, o que viría moi ben polo lata cantidade polvo.

No eido deportivo os dous tempos volven a gañar os de catro tempos. No Elite impúxose Jorge Paradelo do barco de Valdeorras sobre o piloto de Boiro Daniel Mayan e facendo terceira posición o piloto que gañou en Piñor, Antonio Alfonso de Vigo. No Elite 4t  o piloto de Valga Carlos Moreiras fixo valer o seu momento de forma sobre Daniel Carracedo de Laxe que volvía despois dun paron, e en terceira posición o piloto do Valadouro Antón Fernandez.

No Open categoría dominadas pola familia Varela, no Open 2t Benito Varela de Arousa imponse a Salva Carreira de Lugo e terceiro o piloto de Coristanco Marcos Porteiro. No Elite 4t o sobriño de Benito, e benxamín da Liga, Pablo García de Arousa gaña a Daniel Remuiñan de A Laracha e en terceira posición  Isidoro Martinez de A Coruña.

Nos AMA, na E1 Antonio García  de Bergondo gañaba a Miguel Gonzalez de Oleiros quedando en terceira posición o piloto de Lugo Jose Nuñez, no E2 o piloto de Palas de Rei Brais Dablanca impoñíase o de Salceda de Caselas Jonathan Méndez e o de Arteixo Damián Docampo. No E3  a ausencia de Fernando Sotelo, parecía deixar todo feito para Víctor Ares, pero unha rotura na sua moto, deixou esta categoría moi aberta o piloto de Oleiros Jacobo Pellejero levouse o primeiro por diante de Adrian Díaz de Trambasaguas e de Jonathan Guerra de Lugo.

No sub 21 o único piloto que participou conseguiu acabar en bo tempo sendo este Gabriel Lema de Serra de Outes.

Nos Sénior os catro Tempos andaban mais rápidos, o piloto de Boiro Daniel García Blanco por diante de Antonio Cal de Sada e en terceira posición o piloto de Monfero Alfonso Leira. No dous tempos o o piloto de Arteixo Rafael García gañaba o piloto de León, Alejandro Ruiz sendo a terceira posición. No Master o piloto de Carballo Juan Puga gañaba por diante de dous pilotos de Madrid, na segunda posición Alejandro Sanz e terceiro Domingo Troitiño.

O próximo Evento vira despois do verán, seguramente con novas baixo o brazo.

Clasificacións.

Elite 2t

Elite 4t

Open 2t

Open 4t

E1

E2

E3

SUB 21

Senior 2t

Senior 4t

Master

Extrema

EX 1

EX 2

Ex 3

Ex 4

Enduro Test

E T 1

E T 2

E T 3

E T 4

E T 5

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet