Noticias

HomeEventosCronica Burela 2017

Cronica Burela 2017

O mellor Enduro aficionado triunfa de novo en BURELA

Unha proba feita para desfrutar onde se puido ver o mellor Enduro, que moitos levan dentro.

Despois dun fin de semana longo polo feito de aínda que se tiña todo concretado coas CC.MM. E os permisos en regra, o final unha decisión fixo que soamente poderamos ter unha especial, o que nos fixo replantexar un pouco toda a estratexia para esta proba.

Un recorrido polo monte fácil o que decidimos darlle mais tempo do normal, en previsión dunha calor que iría en aumento o longo do dia, unha magoa o que os días anteriores fixo moito fresco e incluso choveu nalgúns momentos do dia.

O equipo de Gustavo, asiduo das nosas probas levou o traballo de darlle forma a este recorrido, a segunda especial que tiñamos marcada tivemos que levantala o venres, o que nos fixo darlle o recorrido media volta para facer repetir a todos os pilotos unha cronometrada mais.

Nesta especial un paso sobre una lousa grande fixo que moitos valentes decidiran meterlle o paso e non tomar a variante, o que seguramente fixo que algúns estragaran a súas opcións de vitoria ou mellor posto na clasificación final. Destacar o ultimo paso de Roman Pérez que fixo un recto polo aire na curva que estaba na metade da pedra, gran nivel de pilotaxe o que nos ten acostumados.

No eido deportivo, Roman Pérez, vence con claridade, seguido de Antón Fdez Lorenzo e Juan J. García, faría o terceiro no Scratch Elite.

En Elite 4t venceu Roman Pérez por diante de Carlos Moreiras e o noiés Javier Rodríguez Collazo. En Elite 2t Venceu Antón Fdez. Lorenzo a Juan J. García e terceiro seria o piloto Giovanni Pérez. Nos Open 4t. O piloto de Mondoñedo Hugo Rodríguez, venceu a Isidoro Martinez e a Javier López. En Open 2t triunfo de Abel Carballes seguido do piloto de Vigo Antonio Alfonso Molares e do lugués Diego Teixeira.

No scratch de Amateurs o triunfo foi Santi García seguido logo polos pilotos Borja Braña Cao e Iván Iglesias Couceiro.

E1 Santi García vence o benxamín da LIGA Pablo García Varela e Angel Fdez. Arias. En E2 Borja Braña vence a Iván Iglesias e a Adrian Vega. En E3 Bruno Campo Ramil vence a Manuel Rifón y terceiro o trialeiro Victor Ares.

En el Sub 21 so acaban dous dos tres que saíron sendo o vencedor Yamandu Reboiras e despois Ruben García.

Nos mais veteranos, Senior 2t, Jorge Arjones Gil imponse a su compañeiro de equipo Daniel García Blanco y al piloto Enrique Figueira, en el Senior 4t Miguel Lauda Vázquez vence a Alberto Camino y Santi López Chao, e no Master, Olegario Oliveira vence a seu compañeiro de equipo Angel Fdez. Penedo e Jose Luis Álvarez Nuevo.

Destacar as altas temperaturas que nalgunhas zonas do recorrido puideronse sentir, asi tamén o fresco que había noutras que compensou o termómetro.

Agora parón da Liga hasta a próxima cita que xa será despois do verán.

CLASIFICACIONES

Pasada 1

Pasada 2

Pasada 3

Pasada 4

Pasada 5

Scratch PRO

Categorias PRO

Categorias AMATEUR

Scratch Amateur

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet