Grande espectáculo en Mondoñedo.

Daniel Carracedo vence sen complicacións en Mondoñedo.

Cuarta proba da Liga, disputada en Mondoñedo, capital da Mariña Lucense,donde conseguiuse sacar adiante unha proba, bonita, espectacular e complicada. O gran traballo previo viu os seus froitos cunha alta participación mais de 160 inscritos dos que tomaron a saída aproximadamente uns 145, e remataron algo mais de 120 pilotos.

_MG_8737 [800x600]
Dous especiais puxeron en apertos os pilotos, unha curiosa especial case plana con dous pasos complicados, que marcarían as diferenzas e a extrema que ao paso dos pilotos se foi poñendo delicada.

Sen incidencias que salientar, gran cantidade de publico deuse cita no parque empresarial de Mondoñedo, para presenciar o paso dos pilotos polas especiais, onde ademas tiñan un control e a zona de asistencias.

No deportivo, en Elite 4 t destacamos o mellor tempo da proba para Dani Carracedo, co seu Tirafonda, seguido de Arturo Franco e con Javier Quintas tamén en zona de podio. En Elite 2 t o mellor tempo foi para Juan C. Moreiras sobre o seu Beta seguido do asturiano Adrian Noriega en segundo lugar e do mindoniense Jesús Alonso.

En Open 4 t dominio absoluto de Benito Varela, seguido de Jesús Muñiz e Rafael Dieste, en Open 2 t o triunfo foi para Pablo Torrado seguido de Juan Outon e o tamén mindoniense Hugo Rodríguez.

A categoría veteranos dominada por Jorge Suárez escoltado no podio por Isidoro Martínez Arca e o asturiano Mario Fernández, un asiduo das probas da LIGA.

Clasificacion PRO
Clasificacion AMAteur.

Crono 1
Extrema 1

Crono 2
Extrema 2

Crono 3
Extrema 3

Crono 4

Las clasificaciones podeis consultarlas en la pagina de clasificaciones

Videos MONDOÑEDO.