Noticias

HomeLIGACronica de Quiroga, resultados

Cronica de Quiroga, resultados

Gran nivel no enduro de Quiroga.

Daniel Mayan impón a súa montura Beta de dous tempos os dominadores todo o ano os pilotos de catro tempos.

O piloto de Boiro consigue así o titulo de vencedor da terceira LIGA Galega da Moto de Campo en Elite 2t, as ausencias dos dominadores da scratch nos pilotos de catro tempos fixo deste piloto o mais rápido sobre o esvaradío trazado das cronos de Quiroga.

O recorrido sempre polas ladeiras mais o sur do Caurel fixo a ledicia de case todos os pilotos onde a mala meteoroloxía fixo a proba un pouco mais épica, os tesos cumes do Caurel foron testemuñas da súa superación, dende o val de Quiroga a 250 m.s.n.m, hasta exceder os mil metros que fixo resentirse algunhas carburacións das motos. Debido o mal tempo que saíu ese día fíxose unha corrección os tempos, ademais dunha o recorrido para poder chegar.

_MG_6726 [800x600]

O grupo de persoas do “Enduro Quiroga”, comandados por Pizarro e Raul, fixeron un gran esforzo dúas veces, posto que esta proba era a que se tiña que realizar en Xuño e foi anulada polo risco de incendio. Creemos xusta a recompensa que se viu na vosa cara, coa satisfacción, algúns soamente por acabar. Quizais esta sexa dentro dos nosos enduros o mais épico en dureza e recorrido longo.

Gran cantidade de publico na parte de arriba da crono do centro de Quiroga onde puideron desfrutar dende unha atalaia privilexiada case toda a crono. A crono de arriba mais venteada, non foi moito publico, aínda así sempre houbo xente animando os pilotos e seguindo as súas evolucións.

No apartado deportivo, na categoría reina Elite 4T foi gañador o piloto de Monforte de Lemos Luís Cesar Morais, do RadiKal Sober, en segunda posición o piloto de “La Factoría” de Pontevedra, José Cochón, en terceira posición o piloto de Ourense do MotoMeda, Efrén Arce.

Na outra categoria Elite 2T e vencedor da scratch foi Daniel Mayan piloto de Boiro e do TEAM Arjones Beta, en segunda posición o piloto de Valga e do TEAM Arjones Beta Carlos Moreiras Gonzalez, e a terceira para o piloto de Ponferrada, Manuel Alvarez Moran, asiduo das nosas probas.

Open 2T foi dominada polo piloto de Sanxenxo Juan Outon, seguido do piloto de Laxe Pablo Torrado, e no seguinte banzo do podio tamén de Laxe, Nicolas Varela, na categoría Open 4T, destaca a vitoria de Jorge Paradelo de O Barco de Valdeorras, escoltado na segunda posición por Jesus Muñíz de Boiro e terceiro Oscar Regueiro de Lugo.

Na categoría Veteranos que foi perdendo a longo do ano moitos efectivos, destacaba a pelexa polo titulo entre o asturiano Mario Fernandez e o piloto de Mos Jorge Suarez, sendo para o primeiro o triunfo na proba e escoltado tamén no podio por Isidoro Martinez da Coruña, na terceira posición.

Nas categorías amateurs destacara as vitorias en E1 de Alejandro Argudin, en E2 Diego Teixeira, en E3 Miguel Gonzalez Conchado, en Senior 2t Jorge Arjones, en Senior 4t Ignacio de Castro, en Master Juan C. Esmoris, en Sub 21, Adrian Freire, y en Feminas Ana Sanchez.

Acaba noso terceiro ano de LIGA, pronto publicaremos as clasificacións definitivas, e veremos aqueles pilotos que teñen que promocionar a categorías superiores.

Grazas a todos os pilotos polo apoio recibido este ano sen vos, a LIGA non é posible. Pronto colgaremos por eiqui unha enquisa para saber os vosos pareceres de cara a mellorar na proxima tempada.

_MG_6360 [800x600]

Crono 1
Crono 2 Quiroga

Crono 3
Crono 4 Quiroga

Crono 5
Crono 6 Quiroga

Elite 2t
Elite 4t
Open 2t
Open 4t
Veteranos

E1
E2
E3
Senior 2t
Senior 4t
Sub 21
Master

Penalizaciones

_MG_6406 [800x600]>

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet