Cronica de Sarria, clasificacións

Sarria, o duro inverno chegou.

Despois de unhas probas desfrutando unha moi boa meteoroloxía, tocou desfrutar do inverno, toda súa crueza.

O gran traballo e ilusión posta polo MC Malditos Hierros no deseño e posta en escena da súa proba, veuse deslucida pola gran cantidade de chuvia, vento e frío que nos fixo durante toda a maña, aínda así os 180 pilotos tomaron a saída, para tratar de desfrutar dun duro día de Enduro.

Arrancou a proba, no centro de Sarria, cunha espectacular rampla de saída, desde onde os pilotos encaraban os primeiros metros da proba, con numerosa presenza de publico nas beiras. Encaraban os primeiros quilómetros polo asfalto para chegar a gran crono do parque empresarial.

A gran crono mais de seis minutos, despois das chuvias da noite e da maña, o pouco de empezar a pasar os pilotos converteuse, nun incontable numero de trazadas buscando escapar da lamada, que se foi facendo, xa o deseño ben pensado de facer a crono moi ancha para que os pilotos poderán ir escapando pouco a pouco, buscando a mellor tración para as motos.

Despois un recorrido polo monte cas dificultades da zona pedras esvaradías e ca auga fixo que algúns atrancaran en pasos curtos e sinxelos que provocaba algunha retencións típicas, tamen podesdes apreciar no video como nevou nalguns lugares do recorrido.

No apartado deportivo, vencedor na scratch Roman Pérez, que tivo moi cerca a Antón Fernández e Carlos Moreiras que lle gañou unha especial, pero unha caída, deste segundo piloto, na terceira pasada da crono 1 fixo caer finalmente a cuarta posición.

Elite 2t, Dominador xa indiscutible desta categoría, Roman Pérez coa súa Beta sobre Antón Fernández Lorenzo de Yamaha e Daniel Mayan de Beta tamén. Elite 4t, Juan J. Garcia coa súa KTM foi o mais rápido desta categoría sobre José Cochón con Husqvarna e Jesus Muñiz con Beta.

Na categoria Open 2t o mais rápido foi o piloto Iván Sixto Galdo, sobre Javier Corujo e Adrian Pazos, os tres pilotos coa mesma marca de moto Husqvarna, Na Open 4t, o piloto mais rapido que volvia a LIGA despois dunha larga ausencia nas nosas probas, Enrique Vega, que impoñia a sua Husqvarna sobre a de Javier Rodriguez Collazo e a Sherco de Nicolas Varela, o dominador das ultimas probas.

Na categoría de Veteranos, sinalar a ausencia no podio do dominador da categoría, Jorge Suarez, e presidida por Marcelino Menendez piloto asturiano asiduo das nosas probas coa súa Sherco seguido de Cesar Alvarez con Husqvarna e Juan Caderno coa Gas Gas.

Nas categorías Amateurs, E1 Jorge Toiran impuxo a súa Yamaha os compañeiros de equipo de Tx Race, Roberto Magariños con Honda e Angel Conde con Yamaha, tamén, na categoría E2, o piloto de Benavente Ulpiano Trilla, impuxo a súa KTM a de Abel Carballes e a Husaberg de Juan J. Mato, destacar unha vez mais a presenza nesta categoría da Femina da LIGA Natalia Alonso, en E3 Brais Fernández impuxo a súa Beta a Angel Fernández con Husqvarna e a Luís A. Piñeiro con KTM.

En sénior 2t dominador Agustin J. Prieto con KTM, fronte as Husqvarnas de Luiyi Montoya e José A. Fernández, no 4t o dominador foi Javier Suarez Ansede cunha KTM fronte a Javier Garcia coa KTM e a Jesus López cunha Sherco.

Na Sub 21 os mais novos da LIGA, Jairo Fernández volveu a subir o mais alto coa súa KTM, segundo Brais Trinidad con Husqvarna e terceiro tamén con KTM David Sánchez.

A Categoría Master, dominou Juan C. Blanco con KTM e segundo Ignacio De Castro con Suzuki, terceiro tamén con KTM Angel M. Fernández.

Destacar a presenza dos membros da corporación municipal na entrega dos premios o final presididos pola alcaldesa de Sarria, Pilar López, que destacou o gran traballo feito polo MC local Malditos Hierros, e lamentou coma todos o mal tempo que tivemos, e emprazounos para facer outra o ano próximo, e levar mellor tempo, haberá que falar con Peman.

A proxima proba esta pendente e recorrera os concellos de Coles, Cea, Maside, Peroxa, Ourense e Amoeiro, nun recorrido interesante de 40 KM con dúas especiais.

Equipa MC Malditos Hierros

Tiempos Especiales.

pec1
pec2
pec3
pec4
pec5
pec6
Clasificacións
PRO
elite 4t
elite 2t
open 4t
open 2t
veteranos
AMA
e1
e2
e3
sub21
senior 4t
senior 2t
master

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies