Noticias

HomeEventosCronica do Trial Chinco 2016

Cronica do Trial Chinco 2016

XIV Trial Chinco, en LUGO, Area Trial.

Primeiro Trial organizado pola LIGA en colaboración con Chinco Lousa. (que non se pudo celebrar en decembro)

Arrancou moi ben o primeiro dos triais que a LIGA vai a tentar de levar a cabo pola xeografía galega, nesta primeira proba foi realizada en LUGO na espectacular area de Trial que dispón esta cidade na contorna do Hospital Lucus Augusti, oxalá que todas as cidades importantes de Galicia dispoñerán de semellante infraestruturas, o noso deporte a bo seguro veríase recompensado con nomes importantes no panorama deportivo.12647344_1016195098436683_6975163659691754434_nUnha participación moi boa, un 45 pilotos, arrancou un pouco mais tarde, por mor de que algúns avisaron que viñan con atraso, o que non prexudicou a ninguén, nin sequera o bo espectáculo que os pilotos puxeron sobre o recorrido, sete zonas cunhas variantes para cada categoría.

O bo facer de Chinco coordinando toda a proba e a man insuperable do MC Enduro Lucense, bo aportador de pilotos nos enduros da LIGA, que nesta proba aportou xuíces para as zonas, fixo que a proba fose do agrado de todos os pilotos. Tamén resaltar o bo numero de afeccionados a especialidade que se citaron na contorna do circuíto con rapaces novos que desfrutaron dunha moi boa maña de Trial, onde a meteoroloxía acompañou.

Neste enlace podedes ver as clasificacións, que estiveron en todo momento en tempo real na nosa WEB http://www.ligadamoto.com/clasf-trial/ estamos traballando para pronto facer un calendario con mais probas desta especialidade, ademais xa collemos experiencia e novas ideas para as próximas probas, vémonos subindo os pedrolos.

12647536_1016195105103349_7480066984860040505_n

Enlace al album con las fotos https://goo.gl/photos/BJQnboYyjTRDokBw8

Cronica de GaliciaTrial  XIV TRIAL CHINCO LUGO 2016

Post Tags - , , ,

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet