Noticias

HomeLIGACronica e clasificacións A Peroxa 2018

Cronica e clasificacións A Peroxa 2018

A Peroxa acolleu o inicio da tempada 2018 de Enduro aficionado.

Este idílico lugar de Enduro, non defraudou a ninguén, nin os pilotos que corrían ali por primeira vez e os que o facían xa coa experiencia de outras probas.

A proba estaban anotados uns 185 pilotos de diversos lugares da xeografía estatal, e algúns viñan coas referencias das nosas probas soamente da Internet, pero o ver o desenrolo en vivo, a bo seguro que levaron unha moi boa impresión do mesmo.

O dia amañeceu como os últimos días, brumoso e con posibles precipitacións pero en case todo o recorrido non se fixo ver nin gota que puxera en perigo o recorrido ou a proba, algúns brumeiros na zona mais alta da proba pero pouco mais.

Numeroso publico na especial de abaixo que era a mellor para ver por parte da xente, tanto a que acompaña os pilotos, coma os curiosos que se acercaron a ver como se superaban as dificultades do trazado.

Este recorrido foi o que se fixo na ultima proba que celebramos aquí, pero fixemos o cambio de dirección para meter nel a trialeira do raposo e dar os Elite e Open un pouco mais de chicha, no recorrido e non ter que apremar de mais os tempos.

No eido deportivo, as categorías Elite e Open comenzan a ter mais participantes grazas o noso sistema de promoción entre categorías, o que fai que se vexan algúns resultados moi esperanzadores para Enduro en Galicia.

Na categoría Elite 4t, a cousa estivo reñida ata ultima pasada pola especial de abaixo onde unha caída de Dani Carracedo o deixou fora do caixón estando de primeiro. A proba foi gañada por Roman Pérez que nese intre estaba a catro segundos de Dani e aproveitou a sua posición para facerse co triunfo final. Acompañado no podio por Abel Carballes, que se incorporou este ano a categoría dende Open, e Antón Fernandez Lorenzo que fixo o terceiro.

No Elite2t, o piloto de Boiro, Daniel Mayan gaña con autoridade por diante de Antonio Alfonso Molares de Vigo e o piloto de Zamora, Gabriel Martín Esteban que fixo a terceira posición.

En Open4t, o piloto benxamín de toda a LIGA que xa leva uns anos destacando nas categorías pequenas, non acusa o cambio e acadou o seu primeiro posto do ano, Pablo García Varela, impúxose na meta a o piloto de Catoira, Santi García e o piloto de Benavente, Ulpiano Trilla que fixo terceiro.

No Open2t o experimentado Benito Varela, gañou por catro segundos o piloto da A Cañiza Junior Rodriguez Berto, que foi seguido do piloto de Lugo Salva Carreira na terceira posición.

Nas categorías Amateur, tiñamos un bo elenco de participantes, e destacaron en E1 Eduardo Mosquera Brandariz, por diante de Diego Coto segundo e Jose Nuñez Ferreiro. No E2 o piloto Lugues Brais Dablanca impúxose o piloto Angel Fdez Arias e Jonathan Mendez que fixo terceiro. No E3 que este ano creceu moito, o piloto Victor Ares fixo valer a su experiencia diante de Juan J. Mato Carames e Gonzalo Blanco que fixo terceiro.

Nas categorías dos Senior e Master, o Senior 4t foi para Alfonso Leira que levou sete segundos menos que Antonio Cal e 30 menos que Perfecto Piñeiro que fixo o terceiro posto. E no Senior 2t o piloto de Benavente Agustin J. Prieto meteu mais dun 1:15 o segundo Luiyi Montoya e un pouco mais o piloto Daniel García Blanco. E na Master, o dominador como ven sendo sempre que aparece foi para Olegario Oliveira Collazo, por diante de dous pilotos madrileños coma Alejandro Sanz e Domingo Troitiño terceiro.

CLASIFICACIÓNS

ELITE 4T

ELITE 2T

OPEN 4T

OPEN 2T

E1

E2

E3

SENIOR 4T

SENIOR 2T

MASTER

ESPECIAIS.

ESP 1-1

ESP 2-1

ESP 1-2

ESP 2-2

ESP 1-3

ESP 2-3

PENALIZACIÓNS.

A próxima proba esperamos que nos leve a terras de Ferrolterra e repetir ali o éxito que xa se tivo con esa proba, no 2013, como é o II Enduro Vila de NEDA.

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet