Noticias

HomeLIGACronica Enduro de Rois e clasificacións

Cronica Enduro de Rois e clasificacións

Tedes que desculpar pola tardanza pero un erro informático non pudemos por en tempo e forma a crónica e os tempos no noso sitio.

Espectacular e espectáculo en Rois.

Todos aliados para desfrutar do mellor enduro afeccionado en épocas.

_MG_1283 [800x600]
Sen lugar a dubidas Rois, volcouse na súa proba, en tódolos aspectos, proporcionounos un lugar onde instalar a 207 pilotos e a súas maquinas, no Galipark, que sen dubida nuns anos será un referente neste tipo de instalacións en Galicia.

O alcalde Ramon Tojo, facendo que o concello, aportara uns trofeos boisimos, con axuda persoal para obtención dos permisos, a presenza do tenente alcalde na entrega de premios, que no noso caso con tantas categorías sempre é longa.

A caixa de viño que se lle enviou a Pemán, para que puxera bo tempo en Rois, notouse que era do bo, con calor xa na media maña acompañounos ata a entrega de premios, onde se viu gran cantidade de persoas esperando por eles, a LIGA esta aboada o bo tempo.

No apartado deportivo, o gran circuíto posto a disposición dos pilotos, fixo que moitos atrancaran nalgún sitio o que condicionou as clasificacións finais con algunhas penalizacións nos Ch´s.
Na primeira crono pasou coma en Mondoñedo onde a loita entre Dani Carracedo e Roman Perez pola primeira praza nas cronos foi intensa, Roman vencería nas pasadas 2 4 5 e 6 e Carracedo nas outras catro, quedando a cousa moi igualada e con vantaxe para este ultimo.

En Elite 4t o vencedor Daniel Carracedo, de Laxe, seguido por Jacobo Méndez (Vigo) e Pablo Torrado (Laxe). En Elite 2t o vencedor Román Pérez, de Ferrol, seguido de Juan Outon (Sanxenxo) e Carlos Moreiras (Valga).

Na categoría Open 4t, vencedor Nicolás Varela (Laxe), seguido de Santiago Garcia (Vilanova) Carlos Rubal (Alfoz), en Open 2t, a vitoria para o piloto de Noia Xose Mª Ogando, seguido de Javier Corujo (Lugo) y Diego Teixeira (O Barco).

Na categoría Veteranos, gran actuación de Jorge Suárez que conseguiu meterse en el top 10 nalgunha das pasadas as cronos, o podio Jorge Suárez Martínez (Mos), seguido de Isidoro Martínez Arca ( A Coruña) e Cesar Álvarez Doval (A Coruña).

_MG_1852 [800x600]
En Amateur, daban dúas voltas e media o recorrido na categoría E1, Ivan Lago (Rois), piloto local, impúxose o seu compañeiro de equipo Angel Conde por solo 68 centésimas, sendo el terceiro Juan Fiallega (Foz).

En E2, moi disputada esta categoría, separados por escasamente 41 centésimas, Pedro C. Fontan (Pontevedra), impúxose a Jose R. Guillan (Pontevedra) e a Damian Docampo (Arteixo).

En E3, lamentala entrega de premios que se nos pasou a revisión das penas dos tres primeiros que subiron o podio (ter en conta ca entrega pódese facer pola provisional), queda así, despois de revisar as penalizacións, Elvis Castellano (León) primeiro, Luis A. Piñeiro (A Coruña) segundo e terceiro Raúl Bouzas Pais, (Mazaricos), e aínda estamos pendentes do tempo do dorsal 383.

En sub 21, destaca o triunfo de Jairo Fernandez (Chantada) sobre, Brais Trinidad (Viveiro) e Pablo Garcia (Vilanova).

Categorías Sénior os mais rápidos foron os de 4t destacando Javier Suárez, Rafael García e Miguel Lauda, por este orden sendo os tres da zona de A Coruña. En 2t o vigués Manuel E. Gonzalo, impúxose a Agustín J. Prieto de Benavente, y a José Eiras de Pontevedra.

Na categoría Master, Ignacio de Castro (Vigo) impúxose a Juan C. Blanco (A Coruña) y a Angel M. Fernández (Oia).

Destacala inclusión da Fémina Natalia Alonso que correu en categoría E2, para poder ter un nivel mais de competición, de cara a afrontar retos mais importantes e mellorar a súa calidade.

Tempos finais (Provisionais os de E3).

Final Categorias PRO

Final Amateur

Final Categoria Master

Tempos das Especiales

1ª Pasada Crono 1

1ª Pasada Crono 2

2ª Pasada Crono 1

2ª Pasada Crono 2

3ª Pasada Crono 1

3ª Pasada Crono 2

4ª Pasada Crono 1

4ª Pasada Crono 2

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet