Noticias

HomeEventosCronica XV Trial Chinco

Cronica XV Trial Chinco

O mellor Trial afeccionado de Galicia deuse cita na Pobra do Brollón.

Moi fría e húmida a maña, non impediu que os pilotos lle deran calor.

A xa clásica proba de Trial de Chinco que sempre organiza algúns fins de semana antes do nadal, facía este ano a quince edición, contou con apoio especial do concello que nos deixou parte do térreno na contorna do Punto Limpo e o campo de fútbol de Os Medos.

Numerosa presenza de publico, vendo as evolucións dos moitos grupo de pilotos que se deron cita nesta edición, tomaron a saída una 56 pilotos de 58 inscritos e con presenza de algúns deles de fora da Comunidade Galega.

img_4959

Seis zonas con tres horas trinta para rematar, que o paso dos pilotos foise poñendo un pouco mais complicado o recorrido, pola humidade reinante durante toda a proba, aínda así os pilotos víanse moi contentos e con ganas de acabar, esta humidade fixo da proba un pouco mais longa do esperado, e con algunhas penalizacións por tempo.

No eido deportivo, Francisco Fernandez gaña a Fernando Cabada e Cesar Méndez en Clásicas “B”, en Clásicas “A” faria o propio Juan Lumbreras sobre Arsenio Gomez e Gerardo Solla.

Na categoría TR 5, o rapaz Xurxo Neo gañaría a Carlos Gómez e Jairo Rivera, e na categoría TR4 Mundo Hermelo impoñeríase sobre Juan Lumbreras e Marcos Rodriguez.

En categoría TR3 facendo dous recorridos a cero, Angel Leiros gaña por diante de Anselmo Filgueira e Manuel Panizo. Na TR2 o boirense Jorge Rodriguez Muñiz impose a Jose J. Piñeiro en segundo lugar e a Alfonso Barros en Terceiro.

Na categoria reina TR1, e de destacar a presenza de rapaces menores nela, Alen Damil gaña Victor Ares e a Martin Riobo.

No remate fixemos a entrega de galardóns coa presenza de concelleira de deportes e cultura, e coma sempre o mestre de cerimonias Chinco tíñanos unhas empanadas para encher o dente e dar un pouco de calor a conversa despois da entrega de premios.

CLASIFICACIONES

img_4953

Alen Damil

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet