LGMC

Actualmente debido o COVID 19 todo aquí referido ten cambiado para adecuarse as medidas sanitarias vixente nos momentos.

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos de acordo coa actual normativa galega de deportes (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia).

Os formatos da competición esta baseado no Enduro, Hard Enduro, Cross Country ou Dirt Track.

O Enduro é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación pública. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, e que serven para o establecemento da clasificación xeral da proba.

O Hard Enduro é unha proba onde os pilotos deben superar obstáculos sen tocar o chan co corpo ou caerse, a superación dos obstáculos faise dentro dunha zona balizada segun as catégorias.

Unha competición comeza no momento das verificacións administrativas e técnicas, e remata cando os resultados finais son aprobados polo Xurado da Competición.

A Asociación Cultural Artística Recreativa e Deportiva da Moto de Campo de Galicia (A.C.A.R.D da Moto de Campo de Galicia), é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación Liga Galega da Moto de Campo (LGMC). Asi mesmo, A.C.A.R.D, ademais de ser a titular da marca, é a encargada do coidado dos aspectos deportivos, loxísticos e das imaxes dos eventos, así de determinar que persoas serán as interlocutoras ante as autoridades competentes nas distintas materias necesarias para a realización dos eventos.

Por motivos da COVID 19 e ata que a situación sanitaria se estabilice, as organizacións e demais loxísticas destas probas ou eventos serán desenrolados pola empresa Single Track Galicia.

» Calendario

» Patrocinadores

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies