SuperSuper Enduro Boiro

Gran evento coa integración dentro da concentración das mais importantes de Galicia organizada polo BoiroMotos. Este 2017, dispuxeron dun circuíto nunha finca que fixo as ledicias dos mellores pilotos de Enduro, que  se inscribiron para este evento.

Unha vintena de pilotos repartidos nas categorías de Pro e Amateur, fixeron que o público de divertira coas usas  evolucións na pista, corta pero con uns grandes obstáculos que fixeron sofrer un pouco os pilotos.

Pola maña fresca e ameazando choiva pero que non fixo acto de presenza en ningun momento, propiciou que as mangas foxen mais lixeiras e rápidas do que se desexaba o publico.

Nas primeiras mangas de Amateurs, Víctor Ares, impuxo o seu dominio en todas elas clasificándose sempre de primeiro, na serie dos pares, nos impares a cousa estivo mais repartida entre varios pilotos.

Nas finais, Víctor tivo o control na primeira manga, pero na segunda o piloto de Laracha, Daniel Remuiñan impúxose sobre el e relegouno a segunda praza do podium que foi completado co piloto da Estrada Iván Couceiro.

Gran actuación de todos os outros pilotos que puxeron toda a carne no asador para facer por concretar posicións mais dianteiras.

Na categoría PRO o dominador en todas as súas series foi sempre Roman Pérez, nos pares e despois nas finais, nas outras series o piloto de Vigo Antonio Alfonso Molares tamén fixo o valer o seu dominio na serie impar. O resto das posicións foron alternando.

Nas finais o dominio de Roman veuse incrementado o aumentar o ritmo de proba el mesmo, o segundo en dúas series foi Alfonso Molares e Jorge Paradelo fixo dúas veces terceiro, pero  na ultima serie foi relegado a postos mais traseiros, e o piloto de Crecente Giovanni Pérez púxose segundo en colouse na terceira posición do podio.

Quedando o podio Roman Vencedor, Antonio Alfonso segundo e Giovanni Pérez terceiro, os premios tiñan ademais unha pequena dotación económica.

Destacar a gran presenza de publico en todas as evolucións das series tanto de maña coma de tarde. publico que animou e desfrutou coas boas evolucións dos pilotos.

Volveremos BoiroMotos esperamos poder facer desfrutar a todo o publico desta gran concentración o ano que ven cunha nova exhibición de SuperEnduro da LIGA.