Grande, Grande Cerce Xtrem espectáculo extremo.

O mellor emprazamento de Asturias, para extremas, solo merecía a mellor proba.

Os mellores pilotos de enduro extremo do Norte Peninsular, déronse cita na IIIº Extrema Cerce 2017, en Belén de la Montaña, concello de Luarca, Asturias, as dúbidas que se tiñan entorno a este evento, pronto disiparanse e fixeron que os pilotos se deran conta de que o recorrido tiña moita miga.

Foto lemiaj

Josu Artola

O marabilloso traballo do Team Enduro Luarca dirixido maxistralmente por David García, que dispúxonos dun circuíto duns 15 Km aproximadamente nun entorno no mais grande de 5 km, que dende o pobo situado nun alto víase parte do recorrido.

A carreira tivo que arrancar sen poderes facer o prologo que se tiña preparado por unha falta na solicitude do permiso, pero isto non desluciu para nada nin o esforzo nin as ganas que empregaron os pilotos para dar conta do espectacular recorrido.

As subidas impresionantes alternaranse cas baixadas sobre terra que ó paso dos pilotos fóronse facendo patinosas, na primeira volta o térreno aínda un pouco húmido da néboa da maña foi se soltando e dando novos alicientes para as outras voltas que quedaban.

No apartado deportivo unha moi bonita loita impúxose na cabeza de Elite entre os pilotos Antonio Alfonso Molares e Alex Hidalgo García, que se distanciaban menos dun minuto, seguidos xa despois polos pilotos Josu Baraibar, Josu Artola e o francés Peio Echeveste. Esta sería a tónica nesta categoría, alternando entre eles algunhas das posicións.

Alex Hidalgo y Antonio Alfonso al acabar

O final Alex Hidalgo impón a sua veteranía neste tipo de probas a Antonio Alfonso e Josu Artola terceiro con mais de 25 minutos de atraso sobre estes dous Josu Baraibar acabaría cuarto e Peio Echeveste faría o quinto pero sen completar a cuarta volta.

Na categoría Open o dominio dos pilotos asturianos foi tremendo acabando catro nas catro primeiras posicións do podio, o dominio de Raul Berguño durante toda aa proba foi exultante, non deu opción a ninguen a ganarlle, seguido por Marcos Menendez, Borja Fernández, Daniel Méndez Canal do SantaArbas Extrem e en quinta posición o piloto de La Rioja Antonio Saenz Martinez, do Arnedo MC.

Na categoría parellas a loita foi moi desigual, so acabaron tres que completaron todas as voltas aínda que dúas delas fora do tempo máximo, a vitoria foi para Manuel Álvarez Moran e o seu compañeiro Fernando Diaz Garcia. Seguidos da parella de Javier Benito y Miguel Villegas e en terceira posición a parella local de Diego Bueno e Luis González.

Na categoría Iniciación foi ganada por Damian Docampo de Coruña seguido por Jose A. Fernández Dablanca de Lugo e por Adrián Lopez Baltar de Ourense.

Destacar a gran presenza de publico presente nas zonas mais complicadas do recorrido, tivemos que lamentar unha pedra que saliu disparada impactando na cabeza dun fotógrafo, que foi rápida y habilmente atendido polo Medico da carreira. Destacar a actuación do piloto Alberto Aramburu que se puxo a atender o lesionado mentres no chegaba o medico, o que lle valeu o recoñecemento de todos os pilotos presentes na entrega de premios cunha ovación cerrada.

Podium Elite, Alex Hidalgo vencedor, segundo Antonio Alfonso, Tercero Josu Artola, Cuarto Josu Baraibar, quinto Peio Echeveste

O gran traballo realizado polo TEAM Enduro Luarca que viu como o seu esforzo foi recompensado cunha gran satisfacción dos pilotos, que lle auguran unha larga vida a proba. Esta primeira proba da Copa de Extremas, ademais de repartir uns puntos entre os pilotos repartiu unha gran satisfacción entre as xentes de Belén de la Montaña, que ven como seu pobo se vai a poñer no mundo das Extremas.

Tempos Online Cerce Xtrem 2017

foto lemiaj