Informacións XV Trial Chinco
Por segunda vez a LIGA colabora na organización dun Trial.
E van quince anos leva Chinco(José Luís) facendo a súa proba no mes de Decembro, para dar os aficionados unha proba de despedida de ano.
Nesta ocasión a leva a súa localidade Pobra do Brollón, onde toda han sido facilidades por parte do concello, para que esta proba se levara a cabo aquí. Enclavada na zona da Ribeira Sacra Lucense é porta do Caurel, e zona de val profundo marcado polos seus rios.
A proba disputase preto do campo de fútbol dos Medos, onde tamén hai area de Autocaravanas, na saída da Pobra cara o Norte na LU 653, menos dun quilometro dende o centro.
Chinco tennos preparado un trial acorde a todas as categorías coas súas alternativas para as categorías menores. Seis zonas por volta cun total de tres voltas, todas as categorías, a bo seguro farán as delicias dos trialeiros.
Como na outra ocasión, vemos xente nova que vai a participar por primeira vez, algúns xa levan anos participando, e vemos tamén xente de fora da Comunidade que se anima a vir ata aquí e gústanos comprobar que algúns endureiros das nosas probas están anotados tamén.
Hostalería,
Na zona de Pobra do Brollón.
Cafetería VIÑAS Av. de Outeiro, 13, 982 43 01 24
Na zona de Monforte, temos esta oferta que nos pasan:
30 € Individual con A+D
40 € Dobre con A+D
982400319, Comentar que chamades da Proba de Motos de Pobra do Brollón.