LGMC

HomeLGMC

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia).

Os formatos da competición esta baseado no Enduro ou no Trial.

O Enduro é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación pública. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, e que serven para o establecemento da clasificación xeral da proba.

O Trial é unha proba onde os pilotos deben superar obstaculos sen tocar o chan co corpo ou caerse, a superación dos obstaculos faise dentro dunha zona balizada segun as catégorias.

Unha competición comeza no momento das verificacións administrativas e técnicas, e remata cando os resultados finais son aprobados polo Xurado da Competición.

A Asociación Cultural Artística Recreativa e Deportiva da Moto de Campo de Galicia (A.C.A.R.D da Moto de Campo de Galicia), é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación Liga Galega da Moto de Campo (LGMC). Asimesmo, A.C.A.R.D, ademais de ser a titular da marca, é a encargada do coidado dos aspectos deportivos, loxísticos e das imaxes dos eventos, así de determinar que persoas serán as interlocutoras ante as autoridades competentes nas distintas materias necesarias para a realización dos eventos.

» Calendario

» Seguro da LIGA / Seguro de la LIGA

» Patrocinadores