Noticias

HomeEventosNeda II Enduro na Vila

Neda II Enduro na Vila

Volta os comenzos coa a que foi a nosa segunda proba.

Despois da anulación da proba que tiñamos coma segunda (Tui) no calendario do 2013 esta Vila acolleu a nosa segunda proba.

Cando comenzamos alo polo ano 2013, visitaramos esta vila para facer ali a nosa segunda proba, deixando moi bo sabor de boca a tódolos implicados, foi no nosos arranques e parece que pasou un mundo de tempo.

A gran implicación do grupo de endureiros de Neda, fixo que fósemos que de sacar adiante un evento que deixou moi bo sabor de boca en todos os que ali se deron cita, o gran ambiente que se viu na miradoiro de Ancos deixou estampas moi belas.

Este ano o recorrido contará con 2 CH (controis horarios) un deles o final do recorrido e antes de entrar na Cross Test (Especial 1), o outro o saír da zona de asistencias e antes de entrar na Enduro Test( Especial 2). As dúas cronometradas están situadas no Miradoiro Coto de Ancos.

Os pilotos terán que enfrontarse a un recorrido moi bonito de camiños e sendeiros duns 35 km polos bosques da zona con varios pasos técnicos onde as categorías Elite e Open terán una variante na cal estará situado un CP (control de paso).

Cross Test (Especial 1): especial de térreno brando, contará con desniveles naturais do térreno e trazado rápido.

Enduro Test(Especial 2): especial técnica, posiblemente poida marcar diferencias no evento pois ten una forte subida en térreno de pedras a modo de trialeira onde os pilotos mais técnicos poderán marcar diferencias pois ten varios xiros complicados onde e fácil cometer errores.

Horarios

Verificacións o Sábado dende as 19 horas ata as 21 horas serán no Bar El Puente en Neda(fronte a la Igrexa).

Xa o Domingo a estrutura da carreira se situará no Miradoiro do Coto de Ancos, ca zona de Asistencia e as Especiais.

As verificacións tanto técnicas como administrativas dende as 8:30 ata as 10:30. faranse na rúa enfronte o centro de Saúde No mesmo tamén se encontrará o parque pechado.

As 11:15 farase un pequena charla técnica na zona da saída a cal darase as 11:30 horas.

O Evento finalizará para os pilotos o finalizar o segundo paso cronometrado pola Enduro Test para os amateurs e no terceiro paso para as categorías Pro.

A entrega de premios farase nas bonitas vistas do Miradoiro. (esperemos que o tempo acompañe …)

Aloxamentos e Comidas

Hostal Maragoto. http://www.pensionmaragoto.

Pazo da Merced. http://www.pazodamerced.com/

Hotel Kesington:. ttp://www.kensington-hotel.com

Hotel Marcial. http://www.hotelmarcial.com/

Restaurante O Lagar

Mesón Estrobos.

Meson O Fumazo

Video do ultimo Evento

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet