Noticias

Cronica e clasificacións A Peroxa 2018

A Peroxa acolleu o inicio da tempada 2018 de Enduro aficionado.

Este idílico lugar de Enduro, non defraudou a ninguén, nin os pilotos que corrían ali por primeira vez e os que o facían xa coa experiencia de outras probas.

A proba estaban anotados uns 185 pilotos de diversos lugares da xeografía estatal, e algúns viñan coas referencias das nosas probas soamente da Internet, pero o ver o desenrolo en vivo, a bo seguro que levaron unha moi boa impresión do mesmo.

O dia amañeceu como os últimos días, brumoso e con posibles precipitacións pero en case todo o recorrido non se fixo ver nin gota que puxera en perigo o recorrido ou a proba, algúns brumeiros na zona mais alta da proba pero pouco mais.

Numeroso publico na especial de abaixo que era a mellor para ver por parte da xente, tanto a que acompaña os pilotos, coma os curiosos que se acercaron a ver como se superaban as dificultades do trazado.

Este recorrido foi o que se fixo na ultima proba que celebramos aquí, pero fixemos o cambio de dirección para meter nel a trialeira do raposo e dar os Elite e Open un pouco mais de chicha, no recorrido e non ter que apremar de mais os tempos.

No eido deportivo, as categorías Elite e Open comenzan a ter mais participantes grazas o noso sistema de promoción entre categorías, o que fai que se vexan algúns resultados moi esperanzadores para Enduro en Galicia.

Na categoría Elite 4t, a cousa estivo reñida ata ultima pasada pola especial de abaixo onde unha caída de Dani Carracedo o deixou fora do caixón estando de primeiro. A proba foi gañada por Roman Pérez que nese intre estaba a catro segundos de Dani e aproveitou a sua posición para facerse co triunfo final. Acompañado no podio por Abel Carballes, que se incorporou este ano a categoría dende Open, e Antón Fernandez Lorenzo que fixo o terceiro.

No Elite2t, o piloto de Boiro, Daniel Mayan gaña con autoridade por diante de Antonio Alfonso Molares de Vigo e o piloto de Zamora, Gabriel Martín Esteban que fixo a terceira posición.

En Open4t, o piloto benxamín de toda a LIGA que xa leva uns anos destacando nas categorías pequenas, non acusa o cambio e acadou o seu primeiro posto do ano, Pablo García Varela, impúxose na meta a o piloto de Catoira, Santi García e o piloto de Benavente, Ulpiano Trilla que fixo terceiro.

No Open2t o experimentado Benito Varela, gañou por catro segundos o piloto da A Cañiza Junior Rodriguez Berto, que foi seguido do piloto de Lugo Salva Carreira na terceira posición.

Nas categorías Amateur, tiñamos un bo elenco de participantes, e destacaron en E1 Eduardo Mosquera Brandariz, por diante de Diego Coto segundo e Jose Nuñez Ferreiro. No E2 o piloto Lugues Brais Dablanca impúxose o piloto Angel Fdez Arias e Jonathan Mendez que fixo terceiro. No E3 que este ano creceu moito, o piloto Victor Ares fixo valer a su experiencia diante de Juan J. Mato Carames e Gonzalo Blanco que fixo terceiro.

Nas categorías dos Senior e Master, o Senior 4t foi para Alfonso Leira que levou sete segundos menos que Antonio Cal e 30 menos que Perfecto Piñeiro que fixo o terceiro posto. E no Senior 2t o piloto de Benavente Agustin J. Prieto meteu mais dun 1:15 o segundo Luiyi Montoya e un pouco mais o piloto Daniel García Blanco. E na Master, o dominador como ven sendo sempre que aparece foi para Olegario Oliveira Collazo, por diante de dous pilotos madrileños coma Alejandro Sanz e Domingo Troitiño terceiro.

CLASIFICACIÓNS

ELITE 4T

ELITE 2T

OPEN 4T

OPEN 2T

E1

E2

E3

SENIOR 4T

SENIOR 2T

MASTER

ESPECIAIS.

ESP 1-1

ESP 2-1

ESP 1-2

ESP 2-2

ESP 1-3

ESP 2-3

PENALIZACIÓNS.

A próxima proba esperamos que nos leve a terras de Ferrolterra e repetir ali o éxito que xa se tivo con esa proba, no 2013, como é o II Enduro Vila de NEDA.

Continuar lendo

A Peroxa 2018

Volvemos arrancar o motor do Enduro afeccionado en Galicia de novo.

Levamos traballando moi duro, durante mais dun par de meses, pra poder ofertar a tódolos afeccionados de Galicia, así como os numerosos de outras provincias, as nosas probas.

Este ano temos un calendario un pouco mas curto, por no teren solicitudes suficientes e ante o temor dun ano como o pasado, onde a falta de chuvias torceron un pouco el calendario que tiñamos proposto, pero aínda, traballamos para dar saída o mesmo e aumentalo todo o posible e seguramente se materialicen algúns sitios novos, sorprendentes que a bon seguro gustaranvos a todos o mundo.

Iniciamos esta tempada en A Peroxa, onde sempre foimos ben recibidos, tenmos dunha proposta nova dunha clásica de cronos alí, como é a de Igrexario que foi usada nun campionato de España, e nos nunca usaramos nas nosas probas.

Como sempre el Parque pechado o faremos diante do concello, tendo a asistencia no recinto Feiral e a outra crono será como á das ultimas probas no Punto Limpio.

Estamos ultimando os trofeos da Edición 2017 para facela entrega, non sabemos se estarán dispoñibles para entregar nesta proba, se non farase na seguinte, sobre este imprevisto avisaremos polas redes sociais.

Aloxamentos:

Casa Pradio

Pazo de Turbisquedo

Acea do Bubal 988 20 00 26 en Peares.

Continuar lendo

Super Super Enduro Noia

Gran ambiente, e moita xente na segunda proba valedoira para a taza galega de Super Enduro.

Dentro dunhas das grandes concentracións de motos de carreteira como é a de Noia, os mellores pilotos de Enduro de Galicia fixeron unha grande exhibición das súas habilidades nun circuíto un pouco mais duro do normal.

O gran traballo do MC Ria de Noia en facer mais espectacular a sua concentración trouxo un espectáculo o que os pilotos sumáronse dende o primeiro minuto na primeira manga, facendo que estas fosen sempre moi disputadas.

Nas categorías amateurs

Continuar lendo

SuperSuper Enduro Boiro

Gran evento coa integración dentro da concentración das mais importantes de Galicia organizada polo BoiroMotos. Este 2017, dispuxeron dun circuíto nunha finca que fixo as ledicias dos mellores pilotos de Enduro, que  se inscribiron para este evento.

Unha vintena de pilotos repartidos nas categorías de Pro e Amateur, fixeron que o público de divertira coas usas  evolucións na pista, corta pero con uns grandes obstáculos que fixeron sofrer un pouco os pilotos.

Pola maña fresca e ameazando choiva pero que non fixo acto de presenza en ningun momento, propiciou que as mangas foxen mais lixeiras e rápidas do que se desexaba o publico.

Nas primeiras mangas de Amateurs, Víctor Ares, impuxo o seu dominio en todas elas clasificándose sempre de primeiro, na serie dos pares, nos impares a cousa estivo mais repartida entre varios pilotos.

Nas finais, Víctor tivo o control na primeira manga, pero na segunda o piloto de Laracha, Daniel Remuiñan impúxose sobre el e relegouno a segunda praza do podium que foi completado co piloto da Estrada Iván Couceiro.

Gran actuación de todos os outros pilotos que puxeron toda a carne no asador para facer por concretar posicións mais dianteiras.

Na categoría PRO o dominador en todas as súas series foi sempre Roman Pérez, nos pares e despois nas finais, nas outras series o piloto de Vigo Antonio Alfonso Molares tamén fixo o valer o seu dominio na serie impar. O resto das posicións foron alternando.

Nas finais o dominio de Roman veuse incrementado o aumentar o ritmo de proba el mesmo, o segundo en dúas series foi Alfonso Molares e Jorge Paradelo fixo dúas veces terceiro, pero  na ultima serie foi relegado a postos mais traseiros, e o piloto de Crecente Giovanni Pérez púxose segundo en colouse na terceira posición do podio.

Quedando o podio Roman Vencedor, Antonio Alfonso segundo e Giovanni Pérez terceiro, os premios tiñan ademais unha pequena dotación económica.

Destacar a gran presenza de publico en todas as evolucións das series tanto de maña coma de tarde. publico que animou e desfrutou coas boas evolucións dos pilotos.

Volveremos BoiroMotos esperamos poder facer desfrutar a todo o publico desta gran concentración o ano que ven cunha nova exhibición de SuperEnduro da LIGA.

Continuar lendo

Cronica Burela 2017

O mellor Enduro aficionado triunfa de novo en BURELA

Unha proba feita para desfrutar onde se puido ver o mellor Enduro, que moitos levan dentro.

Despois dun fin de semana longo polo feito de aínda que se tiña todo concretado coas CC.MM. E os permisos en regra, o final unha decisión fixo que soamente poderamos ter unha especial, o que nos fixo replantexar un pouco toda a estratexia para esta proba.

Un recorrido polo monte fácil o que decidimos darlle mais tempo do normal, en previsión dunha calor que iría en aumento o longo do dia, unha magoa o que os días anteriores fixo moito fresco e incluso choveu nalgúns momentos do dia.

O equipo de Gustavo, asiduo das nosas probas levou o traballo de darlle forma a este recorrido, a segunda especial que tiñamos marcada tivemos que levantala o venres, o que nos fixo darlle o recorrido media volta para facer repetir a todos os pilotos unha cronometrada mais.

Nesta especial un paso sobre una lousa grande fixo que moitos valentes decidiran meterlle o paso e non tomar a variante, o que seguramente fixo que algúns estragaran a súas opcións de vitoria ou mellor posto na clasificación final. Destacar o ultimo paso de Roman Pérez que fixo un recto polo aire na curva que estaba na metade da pedra, gran nivel de pilotaxe o que nos ten acostumados.

No eido deportivo, Roman Pérez, vence con claridade, seguido de Antón Fdez Lorenzo e Juan J. García, faría o terceiro no Scratch Elite.

En Elite 4t venceu Roman Pérez por diante de Carlos Moreiras e o noiés Javier Rodríguez Collazo. En Elite 2t Venceu Antón Fdez. Lorenzo a Juan J. García e terceiro seria o piloto Giovanni Pérez. Nos Open 4t. O piloto de Mondoñedo Hugo Rodríguez, venceu a Isidoro Martinez e a Javier López. En Open 2t triunfo de Abel Carballes seguido do piloto de Vigo Antonio Alfonso Molares e do lugués Diego Teixeira.

No scratch de Amateurs o triunfo foi Santi García seguido logo polos pilotos Borja Braña Cao e Iván Iglesias Couceiro.

E1 Santi García vence o benxamín da LIGA Pablo García Varela e Angel Fdez. Arias. En E2 Borja Braña vence a Iván Iglesias e a Adrian Vega. En E3 Bruno Campo Ramil vence a Manuel Rifón y terceiro o trialeiro Victor Ares.

En el Sub 21 so acaban dous dos tres que saíron sendo o vencedor Yamandu Reboiras e despois Ruben García.

Nos mais veteranos, Senior 2t, Jorge Arjones Gil imponse a su compañeiro de equipo Daniel García Blanco y al piloto Enrique Figueira, en el Senior 4t Miguel Lauda Vázquez vence a Alberto Camino y Santi López Chao, e no Master, Olegario Oliveira vence a seu compañeiro de equipo Angel Fdez. Penedo e Jose Luis Álvarez Nuevo.

Destacar as altas temperaturas que nalgunhas zonas do recorrido puideronse sentir, asi tamén o fresco que había noutras que compensou o termómetro.

Agora parón da Liga hasta a próxima cita que xa será despois do verán.

CLASIFICACIONES

Pasada 1

Pasada 2

Pasada 3

Pasada 4

Pasada 5

Scratch PRO

Categorias PRO

Categorias AMATEUR

Scratch Amateur

Continuar lendo

Burela quinta proba 2017

Quinta proba da Liga que nos leva as frescas terras de Burela.

Cunha previsión de tempo do mellor para practica do enduro.

Burela acolle este próximo fin de semana, a proba que cerrara antes do parón do verano por mor dos incendios e demais onde será moi complicado obter permisos para facer probas a noso xeito.

Xa temos concretadas as que se farán despois do verán e van ser unhas agradables sorpresas, ademais estamos traballando cunhas asociacións que fan durante o verán concentracións de motos e barallamos a posibilidade de facer algunhas probas de SuperEnduro ou extremas indoor, segundo o terreo e os medios das asociacións.

Nesta proba de Burela, o amigo Gustavo ten preparado o recorrido polos concellos de Cervo e Burela, onde nun vello circuíto que usan aínda para facer entreinos de MotoCross faremos unha especial, e a outra a pouco mais de dous quilómetros estará situada onde tamén poñeremos as asistencias da proba.

Cun recorrido de uns 35 quilómetros o monte non é unha cousa moi complicada, variantes para elite e open cunhas pequenas trialeiras, do parque pechado será feito diante do concello na praza, sairemos desde ahi pero non volveremos a pasar polo centro de Burela.

Horarios.

Sábado.

Verificacións administrativas 19:30 a 21:30

Domingo.

Verificacións administrativas 8:15 a 10:30

Verificación Técnicas 8:30 a 10:45

Charla técnica 11:00

Saída primeiros participantes 11:30

Fin de proba 17:00

Hostalería

HOSTAL MESÓN DA PEDRA

HABITACIÓNS: SIMPLE 20€; DOBRE 30€; TRIPLA 40€

TEL: 982 58 53 57

COMO CHEGAR

https://www.google.es/maps/dir

HOSTAL ROMPEOLAS

HABITACIÓNS: SIMPLE 25€; DOBRE 40€; CAMA DE MATRIMONIO E UNHA PEQUENA 50€

TEL: 982 58 53 02

COMO CHEGAR

https://www.google.es/maps/dir

HOTEL PALACIO DE CRISTAL

Dan comidas, churrasco, comese ben e barato

TEL: 982 58 58 03

HOTEL RESTAURANTE SARGO;

HABITACIÓNS: SIMPLE: 33€ CON ALMORZO INCLUÍDO; DOBRE: 42€ ALMORZO INC; TRIPLA: 57€ CON ALMORZO INC

TELEFONO  982 58 53 75

COMO CHEGAR
https://www.google.es/maps/

HOTEL NORDÉS

HABITACIÓNS: INDIVIDUAL SEN ALMORZO: 44 €; CON ALMORZO: 49 €; DOBRE 60 €; DOBRE CON ALMORZO 71 €

Continuar lendo

Cronica Enduro Rois 2017

O berce do enduro de Galicia encumbrase de novo.

Das mellores probas dos últimos tempos, na especialidade de Enduro na comunidade autónoma.

Aproveitando ben todo o que pode ofrecer Rois no seu conxunto, o grupo endureiro desta zona ofreceunos un percorrido do mais bonito nesta zona que aínda ten moitos segredos por desentrañar.

Cunha previsión que non facía presaxiar nada bo, a choiva abriu unha xanela de bo tempo e non tivemos que lamentar ningunha chuvieira que fixese embazar o bo espectáculo deportivo que brindaron os pilotos no monte.

As instalacións cedidas por Galipark para a proba e unha gran implicación por parte desta empresa para ter unha proba aquí, que ademais conte con un alto nivel, para facela un referente do enduro en Galicia.

Cun percorrido digno para un campionato de maior nivel, a organización por segundo ano consecutivo, superouse no terreo deportivo, dando dous especiais diferentes tanto en tamaño como en dureza, e facendo que un dos controis no monte fose un pouco apertado o que fixo que os pilotos tivesen que fiar fino para non penalizar.

As especiais, unha moi preto do centro de Rois, levou aos pilotos máis rápidos sete minutos e a outra corta pero con pasos entre pedras duns 3 minutos cada pasada, fixo aos pilotos ter que esforzarse para levar a pilotaxe a alto nivel para poder gañar a proba.

No terreo deportivo, a loita das ultimas probas onde Roman Perez e Dani Carracedo vían como un terceiro piloto disputáballes o terreo, Jorge Paradelo, que tivo unha caída no percorrido e fíxolle descender ata posicións mais atrasadas, o que lle deu opcións por momentos a outros pilotos, como Juan Outón, Carlos Moreiras pero aínda así estes a mais de 20 segundos e un minuto.

En Elite 4t dominio de Dani Carracedo (Laxe) sobre Roman Pérez (Narón) e Carlos Moreiras (Valga) que volvía este ano e cambiando de categoría, de 2t a 4t. En Elite 2t dominio de Juan Outón (Sanxenxo) sobre Jacobo Méndez (Redondela) que tamén se estreaba esta tempada con cambio do 4t ao 2t e terceiro clasificado Daniel Mayan (Boiro) incombustible.

En Open 4t ou piloto Santiago García Varela (Vilanova de Arousa) imponse a Ruben Doldán (A Coruña) e a Damián Rodríguez (Sta María de Oia), no Open 2t Antonio Alfonso (Vigo) gana ao piloto Diego Teixeira (Barco) e a Alberto Fernández (Chantada).

NAS categorías Amateur, en E1 vence Santi García (Catoira) Pablo García Varela (Vilanova de Arousa, que une ser o benxamín de toda a LIGA) quedando en terceira posición o piloto Adrián Freire (Touro), en E2 vence Iván Igrexas(A Estrada) sobre Junior Rodriguez (A Cañiza) e Borja Braña Cao (Valadouro), en E3 vencedor Pablo Conde (Catoira) sobre Manuel Rifón (Outeiro de Rei) e Carlos Abuín (Noia)

En Sub 21 Jose C. Requejo Doo (A Estrada) é o único que consegue acabar, en Senior 2T no seu retorno á competición Óscar Álvarez Vidal (Riveira) gana a Javier Alonso (Nigrán) e Roberto Álvarez (Carral) que comeza un novo ciclo nesta categoría, en Senior 4T Miguel Lauda Vázquez (Cambre) non penaliza e imponse a Diego Pazo (Nigrán) e Salva Latas (Friol) , e na categoría Máster os tres pilotos de Vigo Rogelio Cameselle o que menos penaliza, imponse a Olegario Oliveira dominador da categoría e a Miguel Pérez.

Agradecer desde a organización a implicación do concello, do seu alcalde Ramon Tojo, que brindou outra vez a posibilidade de realizar un Enduro dos GRANDES que darán moito que falar no mundo durante longo tempo.

Especiais.

Cross Test 1

Extrema 1

Cross Test 2

Extrema 2

Cross Test 3

Extrema 3

Cros Test 4

Clasificación

SCRATCH PRO

SCRATCH AMATEURS

PRO CP FINAL

AMATEURS CP FINAL

Continuar lendo