Calendario 2016 e CUADRO DE HONRA
Arrinca de novo a LIGA coa tempada 2016, coa presentación das sedes e datas dos eventos que a conformaran.
Destacan a repetición dalgunha proba pero basicamente os emprazamentos tratan de ser novos ou distintos, como foi durante estes anos atrás, incluíronse lugares míticos, que cremos que nos achegan a tradición do enduro en Galicia, como son A Peroxa e Sta María de Oia (esta estase xestionando a posibilidade) sedes de probas do campionato do Mundo e de España na especialidade.
As datas só inclúen ata Xuño que pecharemos a LIGA 2016, o motivo non é outro que o de arrincar a tempada 2016-2017 en novembro ou en decembro, tiñamos que sacrificar a duración dalgunha se queriamos arrincar a seguinte facendo unha ou dúas probas antes de acabar o ano.
As probas de Mesego e mesmo algunha mais que poñeremos no calendario xa non estarán na liga, como non o estiveron nos primeiros anos, traballamos sobre a posibilidade de apoiar a realización dalgún enduro indoor ou resistencias, ademais da Endurallada, temos algunha idea na cabeza e veremos de plasmala nunhas probas, se saen.
Estamos a traballar para a realización dun Trial en Lugo e o arranque das próximas probas en xaneiro e Febreiro. Pronto colgaremos unha enquisa de para saber cales son as vosas ideas sobre a liga e para que nos axudedes a mellorar
Deixámosvos o CADRO DE HONRA DA LIGA 2015, lembrándovos o punto 19 do regulamento.
19- PROMOCIÓNS 2016
Coa fin de aumentar a combatividade dentro da nosa LIGA e non perder o nivel de competencia os tres primeiros das Categorías OPEN na clasificación final pasarán na seguinte campaña á categoría de Elite. Os dous primeiros na clasificación final das categorías E1, E2, e E3 pasarán ás correspondentes categorías OPEN superiores.
ELITE 2T
1º DANIEL MAYAN
2º JUAN C. MOREIRAS
3º ADRIAN NORIEGA
ELITE 4T
1º ARTURO FRANCO
2º DANIEL CARRACEDO
3º ROMAN PEREZ
OPEN 2T
1º JUAN OUTON (Promociona)
2º PABLO TORRADO (Promociona)
3º JUAN J. GARCIA (Promociona)
OPEN 4T
1º JESUS MUÑIZ (Promociona)
2º BENITO VARELA (Promociona)
3º JUAN RUBIO (Promociona)
VETERANOS PRO
1º MARIO FERNANDEZ
2º JORGE SUAREZ
3º MARCELINO MENENDEZ
E1
1º ALEJANDRO ARGUDIN (Promociona)
2º ALBERTO FERNANDEZ (Promociona)
3º SERGIO INSUNZA
E2
1º JAVIER CORUJO (Promociona)
2º DIEGO TEIXEIRA (Promociona)
3º JAVIER LOPEZ
E3
1º CARLOS PALMAS (Promociona)
2º FRANCISCO J. BEIRO (Promociona)
3º RAUL VICENTE
SUB 21
1º EDUAR DIDYCH
2º ADRIAN FREIRE
3º BRUNO QUINTAS
SENIOR 2T
1º LUIYI MONTOYA
2º MARCOS MARTINEZ
3º JORGE ARJONES
SENIOR 4T
1º RAFAEL GARCIA
2º IGNACIO DE CASTRO
3º JAVIER GARCIA
MASTER
1º JUAN C. BLANCO
2º GUSTAVO MENENDEZ
3º JOSE L. ALVAREZ
FEMINAS
1º NATALIA ALONDO
2º ANA SANCHEZ
A entrega de premios sera feita antes do arrinque da proxima proba en Mondoñedo 2016.