Noticias

HomeLIGAPiñor 2018 Primer Asalto

Piñor 2018 Primer Asalto

Piñor convertese na capital do enduro afeccionado por este fin de semana.

A mellor Liga afeccionada de Enduro visita este fin de semana por primeira vez este espazo, seguro que non será a ultima.

Sen dubida é un entorno descoñecido para case todos os que vamos a participar neste Evento, pero sen dubida vainos a sorprender pola beleza paisaxística e a ubicación tan privilexiada a un tiro de pedra da provincia de Pontevedra e a poucos mais de 20 minutos do centro de Ourense.

O grupo de Endureiros que levan o traballo de campo están moi emocionados co  traballo e van a nos dar unha boa visión do enduro que se pode facer na zona, moi apoiados polo alcalde que se volcou con nos para levar a proba e ofrecernos axudas para poder garantir o Evento con éxito.

Tal vez a proximidade da Extrema dos Lagares o dia da nai, creemos que tamén fixo que algún numero de pilotos minguara na liña de saída, aínda asi temos que ter en conta que 150 pilotos inscritos é unha moi boa inscrición neste tipo de Eventos.

No terreo deportivo, creemos que esta fin de semana viviranse algúns duelos que iran definindo as clasificacións de cara o tramo final da tempada, polo próximos que están algúns pilotos e porque  a ausencia de outros fará que se aupen o mais alto delas pilotos que serán despois difícil de desbancar.

Contaremos con Dúas especiais :

Especial 1
Crono técnica e lenta en un bosque con pasos técnicos aproveitando desniveles naturais do térreno.
Especial 2
Crono mais rápida e corta en un desbrozado cunha subida, gran inclinación que ten un paso alternativo.

Ubicacion de Asistencia

Ubicacion Oficina de Carreira

Aloxamentos / Alojamientos
en PIÑOR.
Restaurante Caserío de Torguedo
Hostal Ateneo: https://www.paxinasgalegas.es/ateneo-91640em.html
Casa Rural Casarellos: http://www.casarellos.es/
O Refugio : www.orefugio.es/

Video Promoción

Written by

The author didnt add any Information to his profile yet