Abegondo Primero asalto

O mellor enduro afeccionado visita o Concello de Abegondo

Primeira vez que unha proba da nosa LIGA visita este emprazamento, onde o seu grupo de Enduro, o MotoClub Abegondo Enduro asiduos dos nosos eventos, quixo levar a todos os pilotos e facer ver as posibilidades do seu entorno,

Moi próximo a cidade da Coruña, contara sen dubida con moitos afeccionados que desde esa zona limítrofe acercaranse e participaran, deixando a pegada do gran nivel de enduro que hai na zona, con pilotos que seguen os eventos de seguido.

No eido deportivo, o recorrido consta duns 36 quilómetros de recorrido con dúas especiais, que estarán situadas moi preto entre elas, e ademais do parque pechado e asistencias, as especiais serán unha de tipo extrema artificial e a outra nun Enduro Test longa sobre un bosque. Todo centralizado en Abegondo no recinto Feiral onde faremos as verificacións Administrativas e Técnicas

As previsións meteorolóxicas son moi boas con algo de chuvia para o sábado pero bo tempo para  o domingo.

ALOXAMENTOS

Hotel La Flor 981 64 97 55

Casa Manolo 981 67 30 06

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies