Liga galega da moto de campo

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia).

Inscricións EnduroInscricións Trial

Os formatos da competición esta baseado no Enduro ou no Trial.

Enduro

Enduro é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación pública. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, e que serven para o establecemento da clasificación xeral da proba.

TRIAL

Trial  consiste en competir en habilidade recorrendo unha distancia determinada sobre un terreno accidentado e con obstáculos preparados ó efecto. A cada zona de obstáculos que hai que pasar nesta modalidade, denominase “zona”. Os pilotos terán que super os obstáculos sen baixar da moto nin apoiarse no chan; gañará o que logre menos puntos de penalización.

Unha competición comeza no momento das verificacións administrativas e técnicas, e remata cando os resultados finais son aprobados polo Xurado da Competición.

A Asociación Cultural Artística Recreativa e Deportiva da Moto de Campo de Galicia (A.C.A.R.D da Moto de Campo de Galicia), é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación Liga Galega da Moto de Campo (LGMC). Asimesmo, A.C.A.R.D, ademais de ser a titular da marca, é a encargada do coidado dos aspectos deportivos, loxísticos e das imaxes dos eventos, así de determinar que persoas serán as interlocutoras ante as autoridades competentes nas distintas materias necesarias para a realización dos eventos.

Calendario de probas

Seguro da Liga

Patrocinadores

Liga galega da moto de campo

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes.

 

11 + 11 =

GAL. O patrocinador da Liga, o concesionario Núñez Motor de Lugo, regala este casco para sortear na carreira da Rúa entre todolos inscritos. Sortease durante a entrega de premios.
CAS. el patrocinador de la Liga, el concesionario Núñez Motor de Lugo, regala este casco para sortear en la carrera de A Rúa entre todos los inscritos. Se sortea durante la entrega de premios.
... See MoreSee Less

View on Facebook