REGULAMENTO

HomeREGULAMENTO

1- Organización.
Asociación Cultural Artística Recreativa e Deportiva da Moto de Campo de Galicia (A.C.A.R.D da Moto de Campo de Galicia), é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación “Liga Galega da Moto de Campo”. Ademais de ser o titular da marca é a encargada do coidado dos aspectos deportivos, loxísticos e das imaxes dos eventos, así de determinar que persoas serán as interlocutoras ante as autoridades competentes nas distintas materias necesarias para a realización dos eventos.

2- Definición.
A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) son eventos deportivos sociais(Art.22), clasificados coma non oficial, interprovincial (ou Internacional) e non federado (Art.18), de acordo á actual normativa galega de deportes(LEI 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia ).
O formato de competición esta baseado no Enduro e é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou carreteiras abertas á circulación normal. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos cerrados o tráfico normal, que serven para o establecemento da clasificación xeral do Evento.
Un evento comenza no momento das verificacións administrativas e técnicas, e remata cando os resultados finais son aprobados polo Xurado da Competición.

3- Condicións de Admisión.

Serán admitidas no evento todas aquelas persoas que teñan carne de moto e cumpridos os 18 años no momento do comenzo da mesma Xaneiro 2016, pertencentes a calquera nacionalidade, e os menores, de 16 e 17 anos deberan contar co permiso paterno para a participación e a moto terá que ser da potencia que poden conducir.
A inclusión nun evento fará a persoa socia da nosa asociación.
Non existirá ningún tipo de discriminación ou diferencia no trato cara ninguén.
Serán admitidos como participantes todos os pilotos, que están en condicións médico sanitarias idóneas. En calquera caso, requirise que cada participante este en óptima forma física e dispoña dunha comprobada resistencia o esforzo prolongado.
Nos eventos máis longos os pilotos estarán expostos a elevadas variacións térmicas e a temperaturas extremas. Debese ter en conta que o descanso nocturno poida non ser suficiente para recuperarse integramente do esforzo diario.

4-Categorías.
Establécense as seguintes categorías:
PRO, establecerase un tempo mais exixente entre os CH (Control Horario) e terán a obrigatoriedade de afrontar os pasos mais difíciles do recorrido.
Elite 2t
Elite 4t
Open
No caso de que algunha categoría non teña o volume mínimo de 5 pilotos no primeiro evento farase agrupación de todos os pilotos na correspondente categoría de cara a toda a LIGA.
Amateurs: estas categorías terán un tempo mais folgado entre os CH así como a posibilidade de zoas alternativas os puntos mas difíciles do trazado.
E1: motos ata 150 cc de 2 t e ata 250 cc en 4t
E2: superiores a 150 cc ata 250 cc en 2t e superiores a 250 ata 450 cc en 4t.
E3: superiores a 250 cc en 2t e superiores a 450 en 4t.
Sub 21: pilotos de menos de 21 anos e maiores de 16. Nados despois de 1995.
Veteranos Sénior 2t: para pilotos a partir dos 40 anos con motos de 2t.
Veteranos Sénior 4t: para pilotos a partir dos 40 anos con motos de 4t.
Master, 48 años.
Féminas: terán un tempo mas folgado co resto das categorías e poderán ser acompañadas por un mochileiro ou integrante da organización si así o precisasen.
No caso de que algunha categoría non teña o volume mínimo de 5 pilotos no primeiro evento farase agrupación de todos os pilotos na correspondente categoría superior de cara a toda a LIGA. Excepto Feminas e Master e algunha proba pode ser a criterio da organización.
Categorías Iniciación.
Endureiros: dan unhas voltas o recorrido, cedendo sempre o paso a cabeza de carreira en caso de que esta os colla, poden facer ou non as cronometradas, non teñen premio e soamente se pon o tempo das cronometradas.

Cada categoría quedará oficialmente establecida coa presencia de 5 pilotos inscritos como mínimo. Establecerase unha clasificación xeral e unha por cada categoría.

O cambio de categoría dunha maior a unha de categoría menor, poderá levar o seu trofeo na categoría os puntos, pero non opta o premio final da LIGA na categoría menor.
Non está prevista a formación de equipos; aínda que non se impedirá a posibilidade de organizarse ou aliarse para mellorar a combatividade propia ou allea.

5-Horarios.
O horario aproximado será o seguinte: (informarase en cada evento no Regulamento Particular)
08:30 – 10-30: Verificacións administrativas e técnicas.
11:00 :Charla Técnica.(intentarase facer na zoa do podio de saída da proba)
11:30: Saída do 1ª participante
15:30: Chegada
16:00: Publicación dos resultados
16:30: Entrega de Premios e sorteo de agasallos.

6-Percorrido.
O percorrido debe ser practicable baixo calquera condición meteorolóxica.
Os percorridos constarán dunha sección de enlace e unhas de zoas cronometradas.
Os tramos de asfalto son considerados tramos de enlace.
O enlace, realizarase sobre un percorrido cun mínimo de 20 quilómetros e un máximo de 50 o que se lle darán un mínimo de 2 voltas e un máximo de 4.
A cronometrada, é un percorrido totalmente encintado. Terá un mínimo de 2,5 km. Haberá un mínimo de 1 cronometrada e un máximo de 3 por volta, isto queda a decisión da organización do evento.
As categorías de Féminas, Endureiros e Sub 21 darán 1 o 2 voltas segundo o quilometraxe do enlace.
O percorrido completo estará sinalizado de forma compatible cos estándares do enduro. Cada piloto deberá, en xeral, aterse a estas indicacións, podendo no obstante desviarse delas en razón de súa propia capacidade e as súas preferencias técnicas. En calquera caso, os puntos de control estarán situados nas zoas estratéxicas para evitar atallos ou modificacións incompatibles co espírito deportivo do evento.
As etapas tamén poden sufrir cambios durante o seu desenrolo segundo criterio establecido pola organización. Os cambios ou modificacións no percorrido faranse, sempre que se dirán circunstancias que puxeran en risco a seguridade dos pilotos ou por condicións meteorolóxicas adversas.
O regulamento, así como o percorrido do evento, poderán sufrir variacións en función das situacións particulares que o fagan necesario, especialmente en aquelas relativas a seguridade dos pilotos ou consideracións da administración. Ditas variacións serán comunicadas en tempo e forma compatibles cas circunstancias cas induzan; pero de tal modo que todos teñan a posibilidade de coñecelas antes da saída de cada evento, se é posible.
A tal fin, antes de cada evento, a charla técnica da organización dará toda a información necesaria sobre eventuais novidades.

7-Parque pechado.
As motos despois de pasar as verificacións quedarán en parque pechado ata a saída da proba.
O rematar a proba o piloto conducirá a súa moto ata o parque pechado e debera permanecer alí ata a súa retirada que será 10 minutos despois da chegada do derradeiro piloto.
En caso de inclemencias meteorolóxicas e por decisión da organización poden ser retiradas antes.
Dentro do parque pechado esta prohibido acendela moto, se algún piloto acendese o motor dentro do parque será penalizado.
Calquera piloto que fume no interior do parque pechado poderá ser excluído do evento ou anulado os seus tempos.

8-Inscricións.

As inscricións faranse online a través del blog de la Liga http://www.ligadamoto.com, e abriranse un mes antes da proba pecharanse o martes antes da proba para poder dar tempo ó organizador a dar de alta a tódolos participantes no seguro e contrastar os datos na Guarda Civil.
O importe das inscricións será de 60 €, sen seguro e de 35 € se o piloto xa ten o seguro de accidentes concertado con nos, a Liga comprobara a que os pilotos que digan dispor del o teñen o día.
As inscricións non serán firmes ata haber recibido o ingreso bancario. O pago o contado non esta contemplado, en este caso será incrementado o valor en 15 €.

A orden de pagamento determina a orden de saída, os primeiros en pagos os primeiros en saír. Excepto para os seis primeiros das categorías Elite e Open que sairán polo scratch, o resto de categorías será por clasificación excepto Senior que tamén o farna polo scratch de Amateurs.

Cada participante, unha vez inscrito na proba, está obrigado a respectar o regulamento en todas as súas partes.
Aquel piloto que facendo o ingreso non poda acudir a proba, non se lle será devolto o importe e non se lle acumulara para outra carreira, o piloto que comunique antes de catro días a súa non presentación na liña de saída, do domingo polo motivo que sexa, lle será devolto o importe menos cinco euros de gastos bancarios.
No caso de anulación da proba os pilotos que desexen devolución do importe deben comunicalo e lle serán descontados 5 € en concepto de gastos bancarios, todos os que non comuniquen este feito considerase que poñen ese importe para a seguinte proba. O mesmo caso para os aprazamentos por cuestións administrativas.

9-Motos.
Poderán participar todas as motos de Enduro que teñan toda a súa documentación administrativa en regra.
Serán enviados os datos facilitados sobre as motos a xefatura de trafico provincial para súa verificación.

10-Verificacións.
Realizaranse no mesmo día da proba a primeira hora.
Verificarase que todas as motos teñan a Documentación, Seguro e ITV (si fose o caso) ó día, os datos serán contrastados na Guarda Civil.
É necesario que a moto conte tanto co faro dianteiro como traseiro así mesmo coa súa matricula correspondente e homologada.
A moto non poderá ter pezas soltas que podan representar un perigo para o piloto ou para outros pilotos.
Non se deixara tomar saída no evento a ningunha moto que non cumpra con todas as regras.

11- Controis.
No percorrido pódense establecer os seguintes controis:

CH (Control Horario): estableceranse por parte do organizador en calquera punto do percorrido nos cales os pilotos terán que entrar na súa hora establecida no carne de ruta.

CP (Control de Paso): estableceranse en distintos puntos do rali nos cales controlase o paso dos pilotos, o non pasar por estes puntos será motivo de exclusión.

O piloto que pretenda abandonar definitivamente a competición deberá comunicalo o antes posible a Organización entregando a esta o seu cartón de tempos, en calquera dos Controis horarios.
O piloto poderá abandonar en calquera momento, e debera comunicar a organización o seu abandono, ven nun CH, nun CP, ou na liña de chegada.

O piloto será responsable de que a anotación do tempo no seu cartón de control horario sexa coa hora a que entrou no control, e ningún caso será responsabilidade da mesa ou dos anotadores.

12-Penalizacións nos CH.
O piloto que non entre no seu tempo establecido será penalizado con 60 segundos por cada minuto tanto polo adianto como polo atraso na súa hora establecida.
O piloto que nun control horario acumule unha perda de mais de 30 minutos quitaráselle o seu cartón de tempos comunicándolle a organización que excedeu o limite de tempo permitido, no obstante pode seguir no recorrido cedendo paso a carreira no caso de ser alcanzado por corredores aínda activos.

13-Clasificación.
Obterase da suma do paso por todas as especiais cronometradas así como da suma das penalizacións si as houbese. O piloto que fixese o menor tempo será el gañador da súa clase.

14-Puntuación.
A puntuación establecida para cada evento na LIGA será a seguinte:
1º- 20 puntos 8º- 8 puntos
2º- 17 puntos 9º- 7 puntos
3º- 15 puntos 10º- 6 puntos
4º- 13 puntos 11º- 5 puntos
5º- 11 puntos 12º- 4 puntos
6º- 10 puntos 13º- 3 puntos
7º- 9 puntos 14º- 2 puntos
15º- 1 puntos

A NON PRESENZA DO PILOTO, NO PODIO, NA ENTREGA DE PREMIOS NO OBTERÁ PUNTOS PARA A CLASIFICACIÓN DESA PROBA.


13-Premios

Darase premios os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Ademais dun premio especial o mellores do Scratch.
A entrega de premios poderase facer pola clasificación provisional, se non se poderá sacar a oficial a tempo.
A orden de entrega será a seguinte Feminas, Master, Sénior, Sub-21, E3, E2, E1, Veteranos, Open, Elite e Scratch.

Cada categoría obterá o final do ano o seus trofeos acreditando Vencedor, Segundo Clasificado e Terceiro Clasificado. Este ano establecese o premio de “Vencedor da LIGA” e segundo e Terceiro Clasificados, que sairán da clasificación Scratch de todas as probas, tanto nas categorías PRO coma nas Amateur.

14-Exclusións.

Chegar con mais de 30 minutos de retardo sobre a hora inicial indicada no carne de ruta.
Aceptar axuda externa fora da area de asistencia.
Adestrar un recorrido de probas especiais, sen o consentimento da Organización.
A circulación en sentido contrario o sentido da carreira en calquera das partes do recorrido e que poda por en perigo a calquera outro participante.
A violación das normas de circulación durante o transcurso da proba, ou por deliberadamente en perigo a outros pilotos ou o publico.
Saltarse un Control de Paso ou un Control Horario.
Non deterse nun control horario ou de Paso ou non seguir as instrucións da Organización.
Posta en marcha do motor no interior do Parque Pechado.
Fumar no Parque Pechado.
Repostaxe fora das zonas oficiais ou transporte de carburante en outros recipientes que non sexan depósitos de Gasolina. Non parar o motor durante a repostaxe.
Acortar o percorrido das probas cronometradas.
Romper intencionadamente as cintas das cronometradas.
Non respectar e tratar de cumprir as normas medioambientais propostas.
Calquera acción que se poda considerar antideportiva polo xurado.

15-Xurado.
O xurado estará composto por un representante da organización da Liga, unha persoa do equipo organizador da proba e un cronometrador se fose necesario.
O Xurado velará para que os Códigos Deportivos e os Regulamentos sexan respectados mentres dura a proba. O Xurado examinará e resolverá todas as reclamacións que xurdan durante a proba e confirmará os resultados.
Para as reclamacións o xurado serán aceptadas cinco minutos despois de entrada do ultimo piloto e cun máximo de 30 minutos despois de este feito, quedando invalidada calquera reclamación que se faga a posteriori.

16. Sedes dos Eventos 2017
Durante o ano 2017 as sedes para os eventos de Enduro serán as seguintes vilas, pobos, ou cidades:

Iº ENDURO DE GONDOMAR 2017 (26/02/17) -> Cambia -> por Enduro de Caminha 2017 (12/02/2017)

Iº ENDURO na EUROCIDADE CHAVES-VERÍN 2017 (19/03/17)

IIº ENDURO VILA DE SARRIA 2017 (09/04/17)

IIº ENDURO DE ROIS 2017 (14/05/17)

Iº ENDURO DE BURELA 2017 (18/06/17)

?? ENDURO DE ?? 2017 (22/10/17)

?? ENDURO DE ?? 2017 (19/11/17).

Este calendario pode sufrir cambios ou anulación en función dos permisos administrativos para a realización dos eventos eiqui relacionados.

17. Promocións 2017.

A fin de aumentar a combatividade dentro da nosa LIGA e non perder o nivel de competencia os tres primeiros das Categorías OPEN na clasificación final pasaran na seguinte campaña a Categoría de Elite.
Os dous primeiros na clasificación final das categorías E1, E2, e E3 pasaran as correspondentes categorías OPEN superiores.
O cambio de categorías superiores a categorías inferiores non permitiran a obtención de postos no cadro de honra final.