A LIGA volve a ROIS berce do Enduro Galego

O conxunto de eventos de motociclismo con mais participación aficionada, do territorio nacional, volve a un enclave mítico.

Os amigos do Enduro de Rois nos teñen preparado un verdadeiro espectáculo na súa terra, comandados por David Cortizo asiduo piloto das nosas probas e dos seus amigos, contan cun despregue moi importante, e coa implicación de moita xente.

Conta co inestimable axuda do seu Alcalde, Ramón Tojo que volveu a poñer o concello a disposición da proba.

Volveremos a contar co centro de ocio espectacular de GaliPark que pon as oficinas da proba, o parque cerrado, e as zonas de verificacións, e un dos mellores de Galicia, pode servirvos sen dubida para que traiades os vosos fillos e a bo seguro que non vos saen das tirolinas.

En canto a o recorrido, coma os da LIGA, dúas especiais longas, este ano non estarán xuntas, o que vos implicara un desprazamento para velas a segunda especial esta un pouco afastada de Rois na parroquia de Urdilde.

Tres controles horarios para poder dar mais control a unha proba que contara tamén cun Control de paso na zona da trialeira. Zona de asistencia na contorna do Galipark. A proba remata despois do CH1, facendo unha pasada mais a Esp 1

HORARIOS Enduro Terras de Iria 2017
Sábado
19:30 – 20:30 Verificacións administrativas Galipark

Haberá parque pechado para os que verifiquen o sábado si asi o desexan.


Cena de Benvida
por reserva no 981 81 17 08
Domingo
8:30 – 10:30 Verificacións administrativas Galipark
8:30-10:45 Verificacións técnicas.
11 h.- Charla Técnica.
11:15 – Saída 1º Piloto
17:30 h.- Fin carreira
18 h. – Aproximadamente entrega premios.

Para as Verificacións OBRIGATORIO traer documentacións e seguros en regra. Non se permitira a saída de ninguén que non cumpra con estas obrigacións.
Os tempos poderanse seguir ON LINE dende a paxina do noso cronometrador TT Cronometragens.

O Galipark pásanos esta oferta para a Cea do Sabado

Inclúe:

Empanada

Churrasco

Criollo

Ensalada

Bebidas

Postre

Café

Chupito

Todo por 12€/persoa.

O prezo de acampada por persoa é de 5€.