Aficionado

Cronica Mondoñedo e clasificacións 2018

Magnifico dia de Enduro afeccionado en Mondoñedo.

Unha cita obrigada para o Enduro nacional nunha paraxe de cine.

A proba levada a cabo polo Enduro Mondoñedo para esta edición da LIGA dará moito que falar durante un bo rato en moitos lugares dispersos da xeografía nacional, o bo sabor de boca que deixou tanto a proba os participantes, coma o publico e como non os organizadores polo seu ben facer fai deste enclave un marabilloso emprazamento para a practica do Enduro.

O parque pechado na praza da catedral deixou fotos moi bonita o encher as case duascentas motos o espazo asignado dentro dela, coa estatua de Alvaro Cunqueiro vigilando o mesmo.

O Enduro Mondoñedo dispuxo de dúas fincas unha xa coñecida no parque empresarial onde se fai sempre una especial de Cross Test plana con algúns obstáculos que fan traballar os pilotos para visualizar a mellor trazada, e a outra nunha finca mais o centro da vila onde realizaron unha Extrema Test aproveitando todo o que daba a finca para facer cuns troncos e uns pasos mais técnicos.

O publico encheu os dous escenarios e era moi bonito ver como andaban detrás da proba para ver os pasos dos pilotos polas dúas especiais, asi como viñan a preguntar como iba a proba na zona do padocck acondicionado coma zona de asistencia dentro do recinto dunha fabrica.

Nin dicir que o apoio institucional por parte do concello fixo que tiveramos a sorte de contar con todas estas instalacións a nosa disposición, o bo facer da alcaldesa Elena Candia, por ter e representar o seu pobo cunha proba de renome e de alta calidade como se veu reflectida.

No terreo deportivo subliñar que a ausencia de chuvias fixo que o terreo estivera moi bon para a practica do Enduro, facendo que todos os participantes con opcións estiveran a piques de gañar nas súas categorías, decidíndose estas por escasos marxees de segundos.

No Elite 4t o piloto de Pol Abel Carballes triunfaba por diante de Carlos Moreiras de Valga, por escasos tres segundos e en terceira posición Antón Fernández de O Valadouro, No Elite 2t Jorge Paradelo de O Barco de Valdeorras fíxose cun triunfo folgado diante de Daniel Mayán de Boiro e en terceira posición Benjamin Torre de Cantabria.

Na categoría pequena de dos PRO, o Open 4t esta dominada polo benxamín da LIGA con soamente 19 anos Pablo García Varela de Vilanova de Arousa ante un experto como Isidoro Martinez de A Coruña e o piloto local de Mondoñedo Abel Sánchez. Na outra Open 2t Borja Braña de O Valadouro imponse a Javier Rosinos de Zamora e en terceira posición Salva Carreira de Lugo.

Na categorías denominadas Amateurs, na E1 Antonio Cal de Bergondo dominou por diante de Luis Gonzalez de Oleiros e quedando en terceira posición Eduardo Mosquera de Cambre. No E2 dominio absoluto do grupo de pilotos da zona de Vigo denominado “Os raposos do Galiñeiro” onde verian a tres pilotos no mais alto do podium, que foron en primeira posición Adrian Vega seguido de Angel Fernández e na terceira Ruben Castro.

A categoría E3, parece que onde se viven os duelos mais emocionantes entre pilotos aínda que o que sempre acaba levando o triunfo e Víctor Ares de Ferrol, seguido do piloto de Ourense Fernando Sotelo e en terceira posición o piloto de Santiago de Compostela Gonzalo Blanco, haberá que seguir esta categoría con atención ante o empuxe dos que veñen por abaixo.

Na categoría Sub 21 soamente dous participantes competían e ademais conseguiron acabar tamén, Diego López e Pablo Jul ambos de Lugo tamen.

Nas tres categorías para maiores da Liga o Sénior os mais rápidos os Sénior 2t comandados polo piloto de Benavente Agustín Javier Prieto se impuxo sobre el piloto de Arteixo Rafael Caamaño y seguidos en terceira posición el piloto de Boiro Daniel García. No Sénior 4t o piloto de Monfero Alfonso Leira impúxose Antonio Cal de Sada e na terceira posición Miguel Lauda de Cambre. Nos mais maiores categoría Master, o piloto de Pravia en Asturias, Joaquin Menendez fíxose con soamente cinco segundos segundos por diante de Alejandro Sanz de Madrid e Olegario Oliveira de Vigo cumpriu en terceira posición.

A próxima cita da LIGA nun escenario novo, onde aínda non se fixo unha proba de Enduro, como é PIÑOR, farase o próximo 6 de Maio, xa estamos a traballar nela co deseño de especiais e demais, non debedes de perdela.

CLASIFICACIÓNS

ELITE 4T

ELITE 2T

OPEN 4T

OPEN 2T

E1 (En revisión)

E2

E3

SUB 21

SENIOR 4T

SENIOR 2T

MASTER

Cronometradas

CROSS TEST 1

EXTREMA 1

CROSS TEST 2

EXTREMA 2

CROSS TEST 3

EXTREMA 3

CROSS TEST 4

Cronica Mondoñedo e clasificacións 2018 Leer más »

Sarria 2017Sarria 2017

Volve o mellor enduro aficionado a Galicia.

Despois do noso periplo portugués en Caminha e Chaves, Sarria afronta este fin de semana a nosa volta coa segunda edición do seu enduro en condicións moito mais favorables para os pilotos, que o ano pasado.

O ano pasado pese a ter moito frío unha serie de chuvascos fixo que todo se empapara moito e que o auga fose o gran protagonista, que non deu respiro ata un pouco mais ala da entrega de premios.

Este ano as cousas pintan mellor cunha moi boa previsión de tempo, o recorrido polo monte variouse un pouco para non dar molestias algúns veciños que pediron que por ali non se pasase, dentro das máximas das probas o respecto e fundamental.

O MC Malditos Hierros traballa duro e moi ben limparon algúns vellos camiños que a bon seguro despois serán usados por outras especialidades deportivas alleas o mundo das motos, abriron algunha vella canella que nos porá o punto de dificultade nalgunha categoría.

As especiais coma o ano pasado na zona do parque empresarial de Mourelle, onde estarán as dúas emprazadas, asi coma a zoa das asistencias.

Sen embargo este ano cambiamos a saída e a faremos diante da praza do concello para baixar despois por unhas escaleiras, cara a estrada xeral que nos leva directamente o parque empresarial, este tramo de enlace corto farase con moito tempo de abondo para que se respecte, a todo o mundo, tedes que decatarvos que será o domingo de ramos e haberá moita xente pola rúa.

Vos  deixamos os vídeos do ano pasado.

Enlace a Paxina de Tempos.

Vuelve el mejor enduro aficionado a Galicia.

Después del periplo portugués en Caminha y Chaves, Sarria afronta este fin de semana nuestra vuelta con la segunda edición de su enduro en condiciones mucho mas favorables para los pilotos que el año pasado.

El año pasado pese a tener frio una serie de chubascos hizo que todo se empapara mucho y el agua fuese el gran protagonista, que no dio tregua hasta un poco mas allá de la entrega de premios.

Este año las cosas pintan mejor con una muy buena previsión de tiempo el recorrido por el monte se ha variado un poco para no dar problemas a algunos vecinos que han solicitado que no se usasen sus montes, y en la máxima del respeto, se hace.

El MC Malditos Hierros trabaja duro y bien y ha limpiado algunos caminos que a buen seguro servirán después para otras especialidades deportivas ajenas a las motos, abriendo algunos viejas canellas que nos pondrán el punto de dificultad a alguna categoría.

Las especiales como el año pasado en la zona del parque empresarial de Mourelle, donde las dos estarán emplazadas, así como la zona de asistencias.

Sin embargo este año cambiamos la salida, y la haremos delante de la plaza del concello para bajar después por unas escaleras, hacia la carretera general que nos llevar al parque empresarial, este tramo de enlace corto se hará con tiempo mas que suficiente para que se respete, a todo el mundo, daros cuenta de que es domingo de ramos y habrá mucha gente por la calle.

Os dejamos los videos del año pasado.

Enlace a Pagina de Tiempos.

Sarria 2017Sarria 2017 Leer más »

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies