ACARD

ACARD

A Asociación Cultural Artística Recreativa e Deportiva da Moto de Campo de Galicia (A.C.A.R.D da Moto de Campo de Galicia), é a promotora dos eventos a motor que se desenrolan baixo o amparo da denominación Liga Galega da Moto de Campo (LGMC). Así mesmo, A.C.A.R.D, ademais de ser a titular da marca, é a encargada do coidado dos aspectos deportivos, loxísticos e das imaxes dos eventos, así de determinar que persoas serán as interlocutoras ante as autoridades competentes nas distintas materias necesarias para a realización dos eventos.

Liga Galega da Moto de Campo

A Liga Galega da Moto de Campo (LGMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes.

(Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia)