QUE É LGMC?

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes (Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia).

Os formatos da competición esta baseados no Enduro ou outras especialidades de moto, pero sempre polo campo.

Enduro é unha proba a velocidade media imposta, que se desenrolará total ou parcialmente por sendeiros, camiños, pistas ou estradas abertas á circulación pública. No itinerario incluiranse varias probas cronometradas, organizadas en tramos pechados ao tráfico normal, e que serven para o establecemento da clasificación xeral da proba.

O Hard Enduro  consiste en competir en habilidade recorrendo unha distancia determinada sobre un terreno accidentado e con obstáculos preparados ó efecto. A cada zona de obstáculos que hai que pasar nesta modalidade. Onde o tempo corre sempre en contra dos pilotoas que teñen un maximo para facer o recorrido as veces imposible de superar.

Unha competición comeza no momento das verificacións administrativas e técnicas, e remata cando os resultados finais son aprobados polo Xurado da Competición.”

Liga galega da moto de campo

A Liga Galega da Moto de Campo (LGdeMC) confórmase por eventos clasificados como competicións non oficiais, interprovinciais e non federadas, de acordo coa actual normativa galega de deportes.