Espectáculo e espectacular Mondoñedo 2016.

Estreito marxe de vitoria para Roman Pérez sobre Daniel Carracedo.

Arrancou a LIGA da Moto de Campo, coa proba de Mondoñedo, onde se concentraron na saida 185 pilotos para a disputa dunha das mellores probas na zona, 35 km de monte con dúas especiais disitntas que traerían boa loita nos pilotos punteiros.

Como ven sendo habitual nas probas da LIGA, a proximidade e a facilidade para a participación, que leva a cabo a Asociación que controla este eventos, fixo que moitos pilotos asturianos e incluso de cantabria acercaranse a participar na proba.

Antes da saída facíase a entrega dos diploma os vencedores do ano pasado das categorías da LIGA.

O enduro aficionado desfrutou dunha maña de entrega deportiva na pista onde os tempos da primeira pasada a especial poñían por diante a Roman Pérez (Beta), que estreaba montura e cambio de categoría o 2t, por diante dos pilotos de 4t comandados por Luis C. Morais (Monforte, Sherco) que mais adiante tivo que abandonar por avaría mecánica. Roman imporíase en todas as pasadas a esta especial

Despois do recorrido polo monte a cousa cambiaba impoñéndose na especial de arriba a lei de Daniel Carracedo (Honda) o que pasaría a ser unha constante para todo o día, solo interferida por algún que outro na segunda praza. Daniel impúxose en todas as pasadas a esta especial.

Os resultados en Elite 4T primeiro Daniel Carracedo (Laxe, Honda), segundo Benjamín Torre (Cantabria, Sherco) e na terceira posición estreando categoría por promocionar do ano pasado Pablo Torrado(Laxe, Sherco).

Elite 2T. Vitoria y scratch xeneral para Román Pérez (Ferrol, Beta) segundo Juan C. Moreiras (Valga, Beta) Juan Outon(Sanxenxo, KTM) en terceira posición.

Javier Corujo paso de los tubos

Foto Enduro 2015 Mondoñedo

Nas categorías OPEN o ter promocionado pilotos a categoría Elite, quedan mais disputadas pois a entrada dos mellores das categorías amateurs fai mais interesante e mais loitada. Open 4t impuxseo o piloto Nicolás Varela (Laxe, Sherco ) segunda posición para o piloto Javier Rodríguez (Noia, Husqvarna) e terceira para o recen ascendido Bruno Quintas (Vigo, Sherco). En 2t, vitoria para Raúl Berguño (Asturias, Honda), segunda posición para o piloto local Abel Sánchez (Mondoñedo, Ktm) e a terceira Iván Sixto (Cervo, Husqvarna).

Na categoría Veteranos, volve a estar comandada polo trío do ano pasado, ainda que trocando as posicións, primeiro Jorge Suárez (Vigo, Yamaha), segundo Mario Fernández (Asturias, Sherco) e terceiro Isidoro Martínez (A Coruña, Yamaha).

Nas categorías amateur, gano en E1 Roberto Magariños, (Pontecesures, Honda) seguido do seu compañeiro de equipo(TX Race) Roberto Conde (Valga, Yamaha) e Luis González (Oleiros, Suzuki). Categoría E2 primero Abel Carballes (Mosteiro, Ktm) segundo Alfonso Vázquez (Estrada, Gas Gas) e terceira posición Juan J. Vieites (Mazaricos, Gas Gas). Categoría E3,gana Marc Martínez (Monterroso, Beta) seguido de Brais Fernández (-, Beta) e na terceira posición Adrián Freire (Touro, Gas Gas).

As categorías Senior estiveron comandadas polos pilotos, en 2t, Jorge Arjones (Vigo , Gas Gas) e no 4t por Rafael García (Arteixo, Ktm) en Master vitoria para el piloto Ignacio de Castro (Vigo, Suzuki).
Destacala vitoria do mais benxamín de todos na categoría Sub 21, Pablo García (Vilanova de Arousa, Husqvarna).

Na categoría Féminas a única participante, que ademais acabou sen penalizar nas suas duas voltas Natalia Alonso, (Mondoñedo, Husqvarna) tamén esta implicada na organización desta proba

Destacar como a prensa fíxose eco do traslado dun piloto no helicóptero, comentar que se encontra ben e xa se encontraba ben no centro de saúde, pero o medico, por precaución decidiu evacualo o hospital, sufriu unha arritmia

A proba da capital da Mariña Central de Lugo no defraudo a ninguén, tanto publico, participantes, organizadores e autoridades quedaron encantados cunha proba que arrincaba a tempada de Enduro aficionado en Galicia e que deu un moi alto espectáculo tanto deportivo como organizativo.

tubos Monodñedo 2015

Piloto paso de los tubos

Mangas das Especiales

Especial 1 Parque

Especial Larga 1

Especial 2 Parque

Especial Larga 2

Especial 3 Parque

Especial Larga 3

Especial 3 Parque

Clasificacións.

Elite4t

Elite2t

Open4t

Open2t

Veteranos

E1

E2

E3

Sub21

Master

Senior2t

Senior4t

Feminas

Penalizaciones